Max Ophüls

director de cinema alemán

Maximillian Oppenheimer, nado en Saarbrücken o 6 de maio de 1902 e finado en Hamburgo o 25 de marzo de 1957 foi un director de cinema alemán coñecido coma Max Ophüls que desenvolveu a súa carreira tamén en Francia e nos Estados Unidos de América.

Infotaula de personaMax Ophüls

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(de) Max Oppenheimer Editar o valor em Wikidata
6 de maio de 1902 Editar o valor em Wikidata
Saarbrücken, Alemaña Editar o valor em Wikidata
Morte26 de marzo de 1957 Editar o valor em Wikidata (54 anos)
Hamburgo, Alemaña Editar o valor em Wikidata
Causa da morteinsuficiencia cardíaca Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaCrematorio e columbario do Père-Lachaise, 87
Grave of Ophüls (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeFrancia
Alemaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióndirector de cinema , director teatral , actor de teatro , guionista , realizador Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1931 Editar o valor em Wikidata -
LinguaLingua alemá e lingua francesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Arquivos en
Familia
CónxuxeHilde Wall (1926–)
FillosMarcel Ophüls Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm0649097 Allocine: 5028 Rottentomatoes: celebrity/max_ophuls Allmovie: p105103 TCM: 110203
BNE: XX1161563 Discogs: 903906 Find a Grave: 7707483 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

editar

Era fillo do comerciante téxtil xudeu Leopold Oppenheimer e a súa dona Helen, mais adoptou o seu pseudónimo Ophüls durante o inicio da súa carreira teatral para que se fracasar non avergoñase ao seu pai. Comezou coma actor en 1919 para logo pasar á dirección e á produción. En 1926 converteuse no director teatral do Burgtheater de Viena.

En 1929 comezou a producir filmes, sendo director de diálogos de Anatole Litvak na UFA en Berlín e debutou como director dous anos despois.

Presentindo o ascenso do nazismo marchou a Francia en 1933, nacionalizándose francés en 1938. Trala caída de Francia viaxou a Suíza, Italia e finalmente aos Estados Unidos en 1941. Tras algúns anos sen traballo recibiu a axuda de Preston Sturges e continuou a súa carreira como director. O seu filme máis aclamado desta etapa é Carta dunha descoñecida (1948), baseado nunha novela de Stefan Zweig. En 1950 volveu a Francia.

Filmografía

editar
AnoFilmePaísNotas
1931Dann schon lieber LebertranAlemaña
1931Die verliebte FirmaAlemañaCurtametraxe
1932Die verkaufte BrautAlemaña
1933LiebeleiAlemaña
1933Une Histoire d'amourFrancia
1933Lachende ErbenAlemaña
1933On a volé un hommeFrancia
1934La Signora Di TuttiItalia
1935DivineFrancia
1936Komedie om geldPaíses Baixos
1936Ave MariaFranciaCurtametraxe documental
1936La Tendre EnnemieFrancia
1936Valse brillante de ChopinFranciaCurtametraxe documental
1937YoshiwaraFrancia
1938The Novel of WertherFrancia
1939Sans lendemainFrancia
1940L'École des femmesFrancia
1940De Mayerling à SarajevoFrancia
1946VendettaEstados UnidosFoi despedido durante a rodaxe
1947The ExileEstados Unidos
1948Carta dunha descoñecidaEstados Unidos
1949AtrapadosEstados Unidos
1949The Reckless MomentEstados Unidos
1950La RondeFrancia
1952Le PlaisirFrancia
1953Madame de...Francia
1955Lola MontèsFranciaFilme en cor
1958Les Amants de MontparnasseFranciaFaleceu durante a rodaxe

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Ligazóns externas

editar