Masacre de Deir Yassin

Coordenadas: 31°47′11.31″N 35°10′40.92″L / 31.7864750, -35.1780333

O masacre de Deir Yassin consistiu na morte de entre 107 e 120 civís árabes palestinos,[1] entre o 9 de abril e 11 de abril de 1948 por milicianos do Irgún e do Leji,[2] na aldea de Deir Yassin, preto de Xerusalén, durante o Mandato británico de Palestina, mentres as forzas xudías do Yishuv loitaban para romper o asedio de Xerusalén durante o período da guerra civil que precedeu ao final do mandato.

Panfleto publicado tralo masacre de Deir Yassin.
Corpos de persoas en Xesuralén, despois do masacre.

O ataque editar

Deir Yassin era un tranquilo poboado árabe localizado entre Tel Aviv e Xerusalén, que en 1948 contaba con 750 habitantes.

Debido a que a aldea se atopaba próxima a varios asentamentos xudeus, o muktar establecera un pacto de non-agresión cos xudeus dos asentamentos veciños. Apoiado nese pacto, teríalle negado o permiso a forzas árabes para usaren o pobo como base.

As forzas árabes tiñan bloqueado o acceso á sitiada Xerusalén. Os 2500 xudeus que habitaban a cidade vella foron vítimas dun bloqueo por parte das forzas árabes que durou cinco meses antes, até que se viron obrigados a renderse o 29 de maio de 1948. Até a capitulación, e durante todo o sitio a Xerusalén, os convois xudeus trataron de chegar á cidade para aliviar a escaseza de alimentos, que, en abril, xa se tornara en crítica.[3]

O 6 de abril púxose en marcha a Operación Nachshon, unha ofensiva para recobrar o control do camiño a Xerusalén. O pobo de Deir Yassin foi incluído na lista de aldeas árabes para ser ocupados como parte da operación. Os comandantes xudeus, liderados por David Shaltiel, deron comezo á operación destinada a abrir un corredor entre Xerusalén e Tel Aviv, a única vía de abastecemento.

O 9 de abril 132 homes, 72 do Irgún e 60 do Leji, atacaron o pobo. O incidente, no que entre 107 e 120 aldeáns, a maioría anciáns, mulleres e nenos, foron asasinados,[1] é coñecido como a matanza de Deir Yassin. Adicionalmente impediron que os cadáveres foran soterrados, e levaron 150 prisioneiros á zona xudía de Xerusalén. O Irgún tamén sufriu 37 feridos e 4 mortos no ataque.[3]

As autoridades israelís negaron o feito durante varios días e impediron o acceso á zona á Cruz Vermellla. Posteriormente Jack Rinier, representante oficial da Cruz Vermella daquelas en Xerusalén visitou o pobo, que aínda estaba rodeado polo exército. No seu informe mencionou a forma como encontrou os cadáveres insepultos e as condicións posteriores do ataque.

Hoxe en día a iniciativa Der Yassin Remembered busca que o feito, que aínda hoxe é obxecto de controversia, sexa lembrado.[4]

Represalias editar

Posteriormente, o 13 de abril un convoi médico que se dirixía cara ao centro médico Hadassah (Monte Scopus, Xerusalén) foi atacado como represalia. Neste ataque, morreron setenta e nove persoas, a maioría deles médicos e enfermeiras.[5] Estes feitos coñécense como o masacre do convoi médico Hadassah.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Kana'ana, Sharif and Zeitawi, Nihad (1987), "The Village of Deir Yassin," Bir Zeit, Bir Zeit University Press
  2. Estimación xeralmente aceptada polos estudosos:
    • Morris, Benny (2003). Cambridge University Press, ed. The Birth of the Palestinian Refugee Problem Revisited. Cambridge, UK; New York. ISBN 0-521-00967-7. : Chapter 4: The second wave: the mass exodus, April—June 1948, Section: Operation Nahshon, page 238
    • Milstein, Uri (1998 (1987)). University Press of America, Inc., ed. History of the War of Independence IV: Out of Crisis Came Decision (en hebreo e versión inglesa de Alan Sacks). Lanhan, Maryland. ISBN 0-7618-1489-2. : Chapter 16: Deir Yassin, Section 12: The Massacre, page 377)
    Posiblemente, tamén durante despois da batalla:
    • Milstein, Uri (1998 (1987)). University Press of America, Inc., ed. History of the War of Independence IV: Out of Crisis Came Decision (en hebreo e versión en inglés de Alan Sacks). Lanhan, Maryland. ISBN 0-7618-1489-2. : Chapter 16: Deir Yassin, Section 12: The Massacre, page 376-381
    • Morris, Benny (2005). "The Historiography of Deir Yassin". Journal of Israeli History 24 (1): 79–107. doi:10.1080/13531040500040305. : page 100-101
  3. 3,0 3,1 jewishvirtuallibrary.org (ed.). "Deir Yassin" (en inglés). Consultado o 3 de marzo de 2015. 
  4. "Der Yassin Remembered" (en inglés). Consultado o 10 de maio de 2009. 
  5. The Hadassah Convoy Massacre. Artigo na páxina do Zionism & Israel Information Center (en inglés).

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Koestler, Arthur (4 de novembro de 2008). Promise and Fulfilment - Palestine 1917-1949 (en inglés). Rampage Press. ISBN 978-1443727082. 

Ligazóns externas editar