Lista Swadesh

compilación de cen palabras de vocabulario estable aplicable a calquera lingua

A lista Swadesh é unha compilación de 100 palabras (207 na súa versión estendida) de vocabulario estable aplicable a calquera lingua, compilado por Morris Swadesh (1909-1967).

Características editar

A lista Swadesh é un instrumento fundamental en lingüística histórica comparativa, glotocronoloxía e lexicoestatística. Está dirixida a poder establecer unha comparación medible entre o léxico ou vocabulario de dúas linguas entre as que se supón parentesco, de maneira que poida acharse o seu grao de diverxencia ao longo do tempo.

O principal problema que pretende resolver a lista Swadesh nestes labores de comparación é o de homoxeneizar a base de vocabulario sobre o que realizar inferencias fiables. Ocorre que a maior parte do vocabulario dunha lingua cambia non por evolución histórica (que é o que permite establecer o parentesco e a diverxencia entre linguas irmás) senón por motivos que escapan ao control da pura lingüística. Principalmente os cambios non controlados débense a razóns culturais, motivos de difusión tecnolóxica (a palabra televisión atópase en case tódalas linguas actuais), políticos, económicos etc. En suma, existen demasiados factores culturais de consecuencias non predicibles que afectan ao vocabulario dunha lingua. Por esa razón, é altamente infiable facer comparacións sobre palabras como pataca, que actualmente se atopa en todas as linguas romances, dado que podería levar á conclusión errónea de que é unha voz proveniente do latín **potatus, algo imposible sendo que a pataca foi descuberta polos europeos no século XVI. Foron outras razóns culturais as que levaron a palabra pataca ao vocabulario das linguas romances, pero non a evolución dunha palabra latina que nunca existiu.

Consciente deste problema, Morris Swadesh supuxo que, con todo, existía o que o chamaba vocabulario básico. Non se trataba doutra cousa que dun vocabulario estable e non suxeito a cambios culturais, senón a unha evolución moito máis lenta e non influída por factores incontrolables. Este vocabulario básico tiña que carecer de conceptos culturais (e xa que logo impredecibles), tiña que ser común e susceptible de atoparse en calquera lingua e en calquera época de desenvolvemento da mesma. Por exemplo, a palabra neve non serve para comparar linguas tropicais da África central, nin television para comparar en grego clásico co moderno grego.

Este vocabulario básico constaba de palabras como auga, man ou muller, coñecidas en calquera cultura e tan fundamentais e simples que dificilmente fosen ser substituídas mediante préstamos doutras linguas. A lista Swadesh trata ser a plasmación deste vocabulario estable e prové aos lingüistas dun patrón fiable para a comparación entre linguas.

A glotocronoloxía supón que existe unha taxa constante de cambio na evolución lingüística. Esa taxa calculouse nun 14% de palabras de vocabulario básico perdidas cada mil anos. Esta presunción foi altamente criticada pois está baseada en resultados obtidos para o grupo de linguas indoeuropeas e máis concretamente para as linguas romances. Non é razoable pensar que ata unha mesma lingua evolucione a unha taxa constante en dous momentos históricos distintos. Moito menos tódalas linguas poden compartir unha taxa de cambio idéntica sempre. Tamén se critica que a taxa obtida para as linguas indoeuropeas non ten por que aplicarse a tódalas linguas do planeta. En xeral, considérase que, mentres que a lista Swadesh estabilizou a base léxica da comparación glotocronolóxica, non ocorreu o mesmo coa taxa de cambio das linguas, que segue suxeita a multitude de factores culturais e históricos, todos eles incontrolables.

A seguinte ecuación rexe a glotocronoloxía:

t = (log c) / (2 log r)

Sendo:

  • t = tempo de separación entre linguas
  • c = coeficiente de semellanza léxica (usando as listas Swadesh)
  • r = constante glotocronolóxica (establecida nun 14%)

Lista Swadesh editar

A lista está orixinalmente en inglés, pero dáse tamén o seu equivalente en galego:

InglésGalego
I, meeu, me
youti
wenós
thisisto
thatiso
whoquen
whatque
notnon
alltodo/s
manymoitos
oneun
twodous
biggrande
longlongo
smallpequeno
womanmuller
manhome
personpersoa
fishpeixe
birdpaxaro
dogcan
lousepiollo
treeárbore
seedsemente
leaffolla
rootraíz
barkcortiza
skinpel
fleshcarne
bloodsangue
boneóso
greasegraxa
eggovo
horncorno
tailrabo
featherpluma
hairpelo
headcabeza
earorella
eyeollo
nosenariz
mouthboca
tonguelingua
toothdente
clawgadoupa
foot
kneexeonllo
handman
bellybarriga
neckpescozo
breastsseos
heartcorazón
liverfígado
to eatcomer
to drinkbeber
to bitemorder
to seever
to hearoír
to knowsaber
to sleepdurmir
to diemorrer
to killmatar
to swimnadar
to flyvoar
to walkcamiñar
to liedeitarse
to comevir
to sitsentar
to standestar en pé
to saydicir
sunsol
moonlúa
starestrela
waterauga
rainchoiva
stonepedra
sandarea
earthterra
cloudnube
smokefume
firelume
ashcinza
burnqueimar
pathcamiño
mountainmontaña
redvermello
greenverde
yellowamarelo
whitebranco
blacknegro
nightnoite
hotquente
coldfrío
fullcheo
newnovo
goodbo
roundredondo
dryseco
namenome
to givedar