Lipoproteína

Unha lipoproteína é un complexo formado por elementos proteicos e lipídicos, que se manteñen unidos por enlaces non covalentes, que se encontra no sangue. Cada unha das lipoproteínas posúe unha masa molecular, estrutura e densidade características. Á porción proteica da lipoproteína denomínase apolipoproteína. A súa misión é transportar os lípidos insolubles polo sangue.

Estrutura dun quilomicron. ApoA, ApoB, ApoC, ApoE (apolipoproteínas); T (triacilglicéridos); C (colesterol); verde (fosfolípidos).
Metabolismo das lipoproteínas plasmáticas.

En xaxún hai catro lipoproteínas, denominadas en función da súa densidade:

Tras a comida, áchase outra, o quilomicron, que transporta os triglicéridos dende o intestino delgado ata o sangue venoso por medio do conduto torácico.

Ademais destas, moitos encimas, transportadores, proteínas estruturais, antíxenos, adhesinas e toxinas son lipoproteínas.

Lipoproteínas transmembrana editar

Algúns proteolípidos transmembrana, especialmente os que se encontran en bacterias, denomínanse lipoproteínas, pero non están relacionadas coas partículas lipoproteicas do plasma antes mencionadas.[1] Estas proteínas transmembrana son difíciles de illar, xa que están estreitamente unidas á membrana lipídica, e adoitan necesitar lípidos para mostrar a súa verdadeira estrutrua e poden ser insolubles en auga. Xeralmente son necesarios deterxentes para illalas das membranas ás que está asociadas.

Notas editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar