José Águas

futbolista portugués

José Pinto de Carvalho Santos Águas, coñecido simplemente como José Águas, nado en Luanda o 9 de novembro de 1930 e finado en Lisboa o 10 de decembro de 2000, foi un futbolista portugués que xogaba como dianteiro.

José Águas
Información persoal
NomeJosé Pinto de Carvalho Santos Águas
Nacemento9 de novembro de 1930
Lugar de nacementoLobito
Falecemento10 de decembro de 2000
Lugar de falecementoLisboa
Altura181 centímetros
Posicióndianteiro
Carreira sénior
AnosEquiposAprs(Gls)
1948–1950Lusitano
1950–1963Benfica281(290)
1963–1964Austria Viena7(2)
Selección nacional
1952–1962Portugal25(11)
Adestrador
1965–1966Atlético CP
1966–1967Marítimo
1967–1968Atlético CP
1968–1970Leixões
1970–1971Oriental
1973–1974Amora
Na rede
UEFA: 85751 Find a Grave: 241329347 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Militou durante 13 tempadas no Benfica, converténdose nun dos xogadores máis destacados da historia do club. É o segundo máximo goleador da súa historia, con 379 tantos en 384 partidos, só superado por Eusébio, co que coincidiu no equipo. As súas cifras en liga superan o gol por partido.[1][2][3]

Capitaneou o Benfica na conquista de dúas Copas de Europa consecutivas, en 1961 e 1962, marcando o gol inicial do seu equipo en ambos partidos. Ademais gañou cinco ligas portuguesas e sete Copas de Portugal e foi cinco veces máximo goleador da liga.

Traxectoria

editar

Naceu en Luanda, na Angola Portuguesa, no seo dunha familia colonial portuguesa, sendo o cuarto fillo de Elisa de Conceiçao Pinto, natural do Porto, e de Raúl António Águas, de Lisboa.[4] A familia vivía en Lobito, e alí comezou a súa carreira futbolística, xogando no Lusitano, no que xogaba tamén o seu irmán máis vello, Raúl. En 1950 foi fichado polo Benfica, club no que militou durante os seguintes 13 anos, converténdose nunha lenda.

Gañou cinco veces a Primeira Liga (1954/55, 1956/57, 1959/60, 1960/61 e 1962/63), sendo tamén cinco veces o máximo goleador da competición. Ademais gañou sete veces a Copa de Portugal. Con el como capitán, o Benfica consagrouse como o mellor equipo do continente, conquistando dúas Copas de Europa consecutivas. Na primeira delas, en 1961, derrotou na final por 3-2 ao FC Barcelona no Estadio Wankdorf de Berna, mentres que na seguinte tempada conquistou o título no Estadio Olímpico de Ámsterdam fronte ao Real Madrid (5-3). José Águas foi o autor do primeiro gol do seu equipo en ámbalas dúas finais.

Aos 33 anos deixou o Benfica e xogou unha última tempada no Austria Viena, antes de retirarse. Trala súa retirada adestrou varios equipos, entre eles o Marítimo e o Leixões. Morreu en Lisboa aos 70 anos de idade.[5]

Selección portuguesa

editar

Foi internacional coa selección de Portugal en 25 ocasións, marcando 11 goles. Debutou o 23 de novembro de 1952, nun empate 1-1 contra Austria, mentres que o seu último partido foi o 17 de maio de 1962, nunha derrota por 1-2 contra Bélxica.

Vida persoal

editar

Casou en Lisboa con Maria Helena de Jesus Lopes, coa que tivo tres fillos. A súa filla máis vella, Lena d'Água, é unha célebre cantante, mentres que o seu único fillo varón, Rui Águas, foi tamén futbolista. Este xogou no Benfica, igual que seu pai, foi tamén máximo goleador da Primeira Liga, e internacional coa selección portuguesa.

Como xogador

editar

Benfica

Como adestrador

editar

Marítimo

Atlético CP

Individual

editar

Notas

editar
  1. "Portugal - All-Time Topscorers". rsssf.com (en inglés). Consultado o 10 de marzo de 2022. 
  2. Ferreira Dias, António. "José Águas: O Grande Capitão" (en portugués). Consultado o 10 de marzo de 2022. 
  3. Gonçalves, Pedro (15 de xuño de 2015). "Melhores equipas de sempre: Benfica 1960-62". UEFA (en inglés). Consultado o 10 de marzo de 2022. 
  4. d'Águas, Lena (2012). José Águas, o meu pai herói (en portugués). Leya. ISBN 978-98-95557-90-5. 
  5. "José Águas morre aos 70 anos" (en portugués). 10 de decembro de 2000. Consultado o 10 de marzo de 2022. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar