Jorge Andrade

futbolista portugués

Jorge Manuel Almeida Gomes de Andrade, nado o 9 de abril de 1978 en Lisboa, é un exfutbolista e adestrador portugués. Xogaba de defensa e foi internacional coa selección portuguesa.

Jorge Andrade
Andrade xogando para o Deportivo.
Información persoal
NomeJorge Manuel Almeida Gomes Andrade
Nacemento9 de abril de 1978 (46 anos)
Lugar de nacementoLisboa
Altura1,84 m.
PosiciónDefensa
Carreira xuvenil
1995–1997Estrela da Amadora
Carreira sénior
AnosEquiposAprs(Gls)
1997–1999Estrela da Amadora53(3)
2000–2002Porto52(3)
2002–2007Deportivo da Coruña123(2)
2007–2009Juventus4(0)
Selección nacional
2000Portugal sub-212(0)
2001–2008Portugal51(3)
Adestrador
2015–2016Atlético (asistente)
2016Atlético
2016Oriental
Na rede
FIFA: 184465 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Traxectoria

editar

Jorge Andrade chegou en 2002 ao Deportivo da Coruña procedente do FC Porto portugués, vivindo a mellor época europea do club coruñés, chegando a xogar a primeira semifinal da UEFA Champions League contra o FC Porto de José Mourinho, no que foi expulsado tras unha acción co seu excompañeiro de equipo Deco.

En 2007, foi traspasado por unha cifra en torno aos 10 millóns de euros ao Juventus FC italiano,[1] onde non chegaría a triunfar polas continuas lesións de xeonllo que o perseguiron durante o resto da súa carreira deportiva.

Palmarés

editar
Porto
Deportivo

Selección

editar

Fútbol Indoor

editar

Xogou en varias ocasión na Liga Fertiberia de fútbol indoor co Dépor de Veteranos, que acadaou o título no ano 2008 e 2010.

Notas

editar

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar