John Young
astronauta estadounidense
John Watts Young, nado en San Francisco, California, o 24 de setembro de 1930 e finado o 5 de xaneiro de 2018, foi un astronauta estadounidense que formou parte das misións Gemini 3, Gemini 10, Apollo 10, Apollo 16, STS-1 e STS-9.[1][2]
Traxectoria editar
Young graduouse en enxeñaría aeronáutica polo Instituto de Tecnoloxía de Georgia en 1952, despois do cal entrou na Armada, participando na guerra de Corea e despois adestrándose como piloto. Foi seleccionado como astronauta pola NASA en setembro de 1962. Participou nas misións Gemini 3, Gemini 10, Apollo 10, Apollo 16, STS-1 e STS-9, pasando 34,82 días no espazo. Foi a primeira persoa en voar en seis ocasións ao espazo.[1][2]
Notas editar
- ↑ 1,0 1,1 Mark Wade (2022). "Young, John Watts" (en inglés). Consultado o 9 de abril de 2022.
- ↑ 2,0 2,1 NASA, ed. (decembro de 2018). "JOHN W. YOUNG (CAPTAIN, USN RET.) NASA ASTRONAUT (DECEASED)" (PDF) (en inglés). Consultado o 9 de abril de 2022.
Véxase tamén editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: John Young |
Outros artigos editar
🔥 Top keywords: PortadaEspecial:ProcurarXosé Manuel PiñeiroMaría JamardoEspecial:Cambios recentesJSONAgora RepúblicasCarles PuigdemontPartido GalegoWikipedia:Entradas de Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXIAWStatsSegunda guerra mundialJohn Langdon DownDa chven vitsek'vetMarta VillarPobo romanésHerdanza epixenética transxeneracionalGod's Own CountryGaliciaAbel ToméLista das aves de GaliciaPartido Comunista dos Traballadores de EspañaWikipedia:Acerca deWiki HowWikipedia:AxudaIván FerreiroShinovaPosicións sexuaisManuel Otero MartínezAna Miranda PazWikipedia:Portal da comunidadeWikipedia:Artigos de calidadeA CoruñaMúsica tradicional galegaVigoEva Iglesias MiguénsFrancisco Porto MellaFederico García LorcaElvira Fernández Balboa