Ji Yun-nam

futbolista norcoreano

Ji Yun-Nam (en coreano: 지윤남), nado en Pyongyang o 20 de novembro de 1976) é un ex-futbolista norcoreano. Xogaba de mediocentro defensivo ou lateral esquerdo e militou no 25 de Abril da liga de Corea do Norte. Foi internacional coa selección norcoreana, coa que disputou o Mundial de 2010 en Suráfrica.

Ji
Información persoal
NomeJi Yun-nam
Nacemento20 de novembro de 1976
Lugar de nacementoPyongyang
Altura1,73 m.
PosiciónLateral, centrocampista
Carreira sénior
AnosEquiposAprs(Gls)
2004–201625 de Abril231(18)
Selección nacional
2004–2011Corea do Norte32(3)
Na rede
FIFA: 210106 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Selección nacional editar

Foi internacional coa selección da República Democrática Popular de Corea en 32 ocasións, 8 delas en partidos de clasificación para a Copa Mundial da FIFA. Aínda que estaba acostumado a xogar de mediocentro defensivo, coa selección ocupou o posto de lateral esquerdo.

Representou ao seu país no Mundial de 2010, en Suráfrica, marcando o único gol do seu equipo no campionato. Foi o 15 de xuño de 2010, na derrota da primeira xornada contra a selección brasileira, batendo ao gardameta Júlio César nos minutos finais do partido (2-1).[1]

Notas editar

  1. "Brasil - Corea do Norte 2010". FIFA (en inglés). Consultado o 1 de xaneiro de 2022. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar