Javi Gracia

Javier Gracia Carlos, coñecido como Javi Gracia, nado en Pamplona o 1 de maio de 1970, é un exfutbolista e actual adestrador de fútbol español. Actualmente adestra ao Al Sadd SC qatarí.

Javi Gracia
Información persoal
NomeJavier Gracia Carlos
Nacemento1 de maio de 1970 (54 anos)
Lugar de nacementoPamplona
Altura1.85 metros
PosiciónCentrocampista
Información de club
Club actualAl Sadd (adestrador)
Carreira xuvenil
Chantrea
Athletic
Carreira sénior
AnosEquiposAprs(Gls)
1989–1992Bilbao Athletic100(12)
1992–1993Lleida38(12)
1993–1995Valladolid65(2)
1995–1999Real Sociedad106(12)
1999–2002Villarreal82(6)
2003–2004Córdoba39(0)
Total430(44)
Selección nacional
1989–1990España sub-203(0)
1991España sub-211(0)
2003Navarra
Adestrador
2004–2005Villarreal (xuvenil)
2007–2008Pontevedra
2008–2010Cádiz
2010–2011Villarreal B
2011Olympiakos Volou
2011–2012Kerkyra
2012–2013Almería
2013–2014Osasuna
2014–2016Málaga
2016–2017Rubin Kazan
2018–2019Watford
2020–2021Valencia
2021–Al Sadd
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Como xogador editar

Gracia iniciouse no fútbol profesional no Bilbao Athletic en 1989. Nos tres anos que estivo no filial non chegou a xogar no primeiro equipo. Na tempada 1992/93 ficha pola UE Lleida e consegue 13 goles en 38 partidos. Nese ano o Lleida proclamouse campión de Segunda División e ascendeu a Primeira logo de máis de 40 anos de ausencia.

Javi Gracia pasou as seguintes seis tempadas na máxima categoría, xogando regularmente tanto no Real Valladolid como na Real Sociedad. En 1999 volveu á Segunda División e firmou polo Villarreal, axudando ao equipo a volver a Primeira un ano despois, tendo regularidade na seguinte tempada en Primeira (1.765 minutos), na que o equipo conseguiu manter a categoría.

En xaneiro de 2003, logo de perder a titularidade no Villarreal, fichou polo Córdoba, equipo no que colgou as botas en xuño de 2004.

Como adestrador editar

Despois de iniciar a súa carreira como adestrador no equipo xuvenil do Villarreal, Javi Gracia adestrou ao Pontevedra en Segunda B durante dúas tempadas nas que o equipo acabou en primeira e segunda posición, aínda que non conseguiu superar a promoción de ascenso a Segunda.

Na tempada 2008/09, fichou polo Cádiz en Segunda B, co que conseguiu xogar a promoción e ascender a Segunda. Non obstante, foi despedido na metade da seguinte tempada, na que o equipo gaditano descendeu novamente. Fichou entón polo Villarreal B, co que conseguiu a permanencia en Segunda.

Despois dunha tempada adestrando aos equipos gregos Olympiakos Volou e Kerkyra FC, na tempada 2012/13 ficha pola UD Almería, que acabaría en terceira posición e gañaría o play-off ascendendo a Primeira División. O 4 de setembro de 2013 chega ao Osasuna e despois dunha campaña irregular o equipo descende a Segunda División.

O 30 de maio de 2014 anúnciase que será o novo adestrador do Málaga CF.[1]

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar