Gran Premio do Reino Unido de 1959

O Gran Premio do Reino Unido de 1959 foi unha carreira de automobilismo de Fórmula Un, celebrada o 18 de xullo de 1959 no Circuíto de Aintree, Liverpool, Inglaterra. Foi a quinta carreira do Campionato do Mundo da tempada de 1959 de Fórmula Un. Foi 14º Gran Premio do Reino Unido e a terceira que se celebrou no Circuíto de Aintree, un circuíto trazado nos terreos da Aintree Racecourse hipódromo de carreiras de cabalos. A carreira levouse a cabo sobre 75 voltas ao circuíto de catro quilómetros, cunha distancia de carreira de 362 quilómetros.

Gran Premio de Reino Unido de 1959
Detalles da carreira
Carreira 5 de 9 no Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1959.
Trazado do circuíto de Aintree
Trazado do circuíto de Aintree
Data18 de xullo de 1959
Nome oficialXII RAC British Grand Prix
LocalizaciónCircuíto de Aintree, Liverpool, Reino Unido
PercorridoPercorrido permanente de carreira
4´828 km
Distancia75 voltas, 362´10 km
ClimaAsollado, seco
Pole position
PilotoAustralia Jack BrabhamCooper-Climax
Tempo1:58.0
Volta rápida
Piloto Stirling Moss
Bruce McLaren
BRM
Cooper-Climax
Tempo1:57.0 na volta 69 e 75
Podio
PrimeiroAustralia Jack BrabhamCooper-Climax
Segundo Stirling MossBRM
Terceiro Bruce McLarenCooper-Climax

Informe editar

O BRM P25 do equipo BRP que Stirling Moss levou ao segundo posto no GP de Gran Bretaña de 1959, primeiro podio de BRP

A carreira foi gañada polo australiano Jack Brabham, logrando a súa segunda vitoria nun Gran Premio nun Cooper T51 de fábrica. Brabham dominou a carreira, liderando as 75 voltas para gañar por 22 segundos sobre o piloto británico Stirling Moss pilotando un BRM P25 do equipo British Racing Partnership. Era a primeira vez que BRP terminaba entre os tres primeiros. O compañeiro de Brabham en Cooper, o neozelandés Bruce McLaren terminou en terceiro lugar, a só 0´2 segundos por detrás de Moss, logo de perder a segunda posición ao final da carreira. Harry Schell terminou en cuarto lugar para o equipo Owen Racing Organisation con BRM, unha volta detrás de Brabham.

O Gran Premio de Inglaterra tivo a maior participación da tempada, agás da Indianápolis 500, con 30 coches na cualificación e 24 na grella de saída, a pesar da ausencia de Ferrari. As folgas en Italia atraparon ao equipo en casa, deixando sós aos equipos británicos loitando pola carreira. O novo líder de Ferrari, o piloto Tony Brooks, comezou a carreira nun Vanwall, pero foi o primeiro en retirarse na 13ª volta, despois de saír nun modesto 17º lugar, logo de gañar o Gran Premio de Francia de 1959 un par de semanas antes.

Coa vitoria, Brabham ampliou a súa vantaxe en puntos sobre Brooks, a 13 puntos. Moss e McLaren situaronse no 4º posto, só medio punto por detrás do ausente Phil Hill.

Clasificación editar

PosPilotoConstrutorVoltasTempo/RetiradaGrellaPuntos
112 Jack BrabhamCooper-Climax752:30:11.618
26 Stirling MossBRM75+ 22.276´5
316 Bruce McLarenCooper-Climax75+ 22.484´5
48 Harry SchellBRM74+ 1 volta33
518 Maurice TrintignantCooper-Climax74+ 1 volta42
62 Roy SalvadoriAston Martin74+ 1 volta2
714 Masten GregoryCooper-Climax73+ 2 voltas5
830 Alan StaceyLotus-Climax71+ 4 voltas12
928 Graham HillLotus-Climax70+ 5 voltas9
1048 Chris BristowCooper-Borgward70+ 5 voltas16
1158 Henry TaylorCooper-Climax69+ 6 voltas21
1252 Peter AshdownCooper-Climax69+ 6 voltas23
1346 Ivor BuebCooper-Borgward69+ 6 voltas18
Ret4 Carroll ShelbyAston Martin69Encendido6
Ret40 Fritz d'OreyMaserati57Accidente20
Ret42 Ron FlockhartBRM53Trompo11
Ret38 Jack FairmanCooper-Climax39Caixa de cambios15
Ret10 Jo BonnierBRM37Freos10
Ret22 Ian BurgessCooper-Maserati31Transmisión13
Ret24 Hans HerrmannCooper-Maserati21Caixa de cambios19
Ret64 David PiperLotus-Climax19Temperatura22
Ret36 Brian NaylorJBW-Maserati18Transmisión14
Ret50 Mike TaylorCooper-Climax17Transmisión24
Ret20 Tony BrooksVanwall13Encendido17
NSC54 Keith GreeneCooper-Climax
NSC56 Bill MossCooper-Climax
NSC60 Mike ParkesFry-Climax
NSC62 Dennis TaylorLotus-Climax
NSC44 Trevor TaylorCooper-Climax
NSC66 Tim ParnellCooper-Climax

Posicións logo da carreira editar

  • Notas: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.

Notas editar

Ligazóns externas editar


Carreira anterior:
Gran Premio de Francia de 1959
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA
Temporada 1959
Carreira seguinte:
Gran Premio de Alemaña de 1959
Carreira anterior:
Gran Premio do Reino Unido de 1958
Gran Premio do Reino UnidoCarreira seguinte:
Gran Premio do Reino Unido de 1960