Gran Premio de Mónaco de 2021

O Gran Premio de Mónaco de 2021 (oficialmente Formula 1 Grand Prix de Monaco 2021) foi unha carreira de Fórmula 1 que se celebrou o 23 de maio de 2021 no Circuíto de Mónaco, Monte Carlo, un circuíto urbano que atravesa o Principado de Mónaco. Foi a quinta rolda do Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2021, a 78ª vez que se celebrou o Gran Premio de Mónaco e a primeira vez que se celebrou desde o 2019 despois de que a rolda de 2020 cancelárase debido á pandemia COVID-19. A carreira de 78 voltas gañouna Max Verstappen, de Red Bull Racing, despois de que o polesitter Charles Leclerc de Ferrari non puidese comezar a carreira por un problema no eixe de transmisión.

Gran Premio de Mónaco de 2021
Detalles da carreira
Carreira 5 de 22 [a] no Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2021.
Trazado do circuíto de Mónaco.
Trazado do circuíto de Mónaco.
Data23 de maio de 2021
Nome oficialFormula 1 Grand Prix de Monaco 2021
LocalizaciónCircuíto de Mónaco
La Condamine e Monte Carlo, Mónaco
PercorridoPercorrido permanente de carreira
3´337 km
Distancia78 voltas, 260´286 km
ClimaAsollado 20 °C ambientais e 42 °C no asfalto, humidade relativa do 63%. Vento a 0,3 m/s.
Pole position
Piloto Charles LeclercFerrari
Tempo1:10.346
Volta rápida
Piloto Lewis HamiltonMercedes
Tempo1:12.900 na volta 71 Volta récord
Podio
PrimeiroPaíses Baixos Max VerstappenRed Bull - Honda
SegundoEspaña Carlos SainzFerrari
Terceiro lando NorrisMcLaren-Mercedes

Antecedentes

editar
Foto do circuíto de Mónaco en 2016.


Esta carreira marca a 750ª saída do equipo Williams e, para celebrar a ocasión, Williams colocou os nomes de 100 seguidores de Williams no halo do seu coche, o FW43B.[4] McLaren tamén presentou unha librea especial inspirada no Gulf Racing para o evento, para celebrar a súa colaboración iniciada na década de 1960.[5][6]


Pneumáticos dispoñibles

editar
Pneus dispoñibles para Mónaco
Pneus para pista secaPneus para chuvia
Duros (Tipo C3)
sans_cadre
Medios (Tipo C4)
Brandos (Tipo C5)
    
Intermedios
   
      Chuvia

Cualificación

editar

Charles Leclerc clasificouse na pole a pesar de estrelarse nos últimos minutos da Q3, Verstappen foi segundo e Bottas 3º, Sainz 4º e Norris 5º. O líder do Campionato Mundial Lewis Hamilton tivo unha mala sesión de clasificación e só logrou o 7º posto. Mick Schumacher non participou na clasificación debido a un forte accidente na última sesión de adestramentos.

Clasificación da cualificación

editar
Pos.PilotoConstrutorTempos cualificacióngrella
Q1Q2Q3
116 Charles LeclercFerrari1:11.1131:10.5971:10.3461
233 Max VerstappenRed Bull Racing-Honda1:11.1241:10.6501:10.5762
377 Valtteri BottasMercedes1:10.9381:10.6951:10.6013
455 Carlos SainzFerrari1:11.3241:10.8061:10.6114
54 Lando NorrisMcLaren-Mercedes1:11.3211:11.0311:10.6205
610 Pierre GaslyAlphaTauri-Honda1:11.5601:11.1791:10.9006
744 Lewis HamiltonMercedes1:11.6221:11.1161:11.0957
85 Sebastian VettelAston Martin-Mercedes1:12.0781:11.3091:11.4198
911 Sergio PérezRed Bull Racing-Honda1:11.6441:11.0191:11.5739
1099 Antonio GiovinazziAlfa Romeo Racing-Ferrari1:11.6581:11.4091:11.77910
1131 Esteban OconAlpine-Renault1:11.7401:11.48611
123 Daniel RicciardoMcLaren-Mercedes1:11.7471:11.59812
1318 Lance StrollAston Martin-Mercedes1:11.9791:11.60013
147 Kimi RäikkönenAlfa Romeo Racing-Ferrari1:11.8991:11.64214
1563 George RussellWilliams-Mercedes1:12.0161:11.83015
1622 Yuki TsunodaAlphaTauri-Honda1:12.09616
1714 Fernando AlonsoAlpine-Renault1:12.20517
186 Nicholas LatifiWilliams-Mercedes1:12.36618
199 Nikita Mazepin[b]Haas-Ferrari1:12.95819
107% tempo: 1:15.903
47 Mick SchumacherHaas-FerrariSen Tempo20[8]
Fonte:[9][10]

Carreira

editar

Charles Leclerc non puido comezar a carreira desde a pole position despois de que o seu coche sufrise un problema co palier no camiño cara á grella. Non houbo tempo suficiente para solucionar o problema antes da carreira e, polo tanto, Leclerc non comezou na carreira.

Debido á retirada de Leclerc, a pole position na grella quedou baleira, deixando a Max Verstappen como o polesitter de facto, aínda que se aliñouse na segunda posición da grella. Ao comezo da carreira Valtteri Bottas saíu lixeiramente mellor que Verstappen, pero este puido defenderse para adiantarse na primeira curva. Bottas retirouse máis tarde no seu pitstop programado na volta 30, cando o seu equipo foi incapaz de retirar a roda dianteira dereita debido a unha porca da roda rota, promovendo a Carlos Sainz ao segundo posto e [[Lando Norris] ] ao terceiro.[11]

Verstappen liderou desde o principio, só quedou brevemente na segunda posición por detrás do seu compañeiro de equipo Sergio Pérez despois de entrar a cambiar pneumáticos e recuperando o liderado unha vez que Pérez fixo a súa parada algunhas voltas despois. Valtteri Bottas corría no segundo posto pero un problema de axuste de rodas no seu pitstop obrigouno a retirarse, ascendendo a Carlos Sainz ao segundo posto e a Lando Norris ao terceiro.[12]

Verstappen montou pneumáticos frescos na volta 34. Sergio Pérez liderou a maior parte da volta 35 antes de ser chamado aos boxes ao final da mesma volta, e isto significou que Verstappen liderou oficialmente todas as voltas. Pérez utilizou a estratexia de boxes para mellorar ata o cuarto posto, que foi onde rematou a carreira. O podio estivo formado polos mesmos pilotos nesas posicións á metade da carreira: Verstappen no liderado, Sainz segundo e Norris terceiro. Pérez, en cuarto lugar, alcanzou a Norris pero non puido superalo antes de que rematase a carreira. Sebastian Vettel e Antonio Giovinazzi anotaron os seus primeiros puntos da tempada, acabando quinto para Aston Martin e 10º para Alfa Romeo, respectivamente. Este foi tamén o primeiro punto da tempada de Alfa Romeo. [13][14] Lewis Hamilton, no sétimo, utilizou un cambio de pneumáticos de carreira para acadar a [[volta rápida] da carreira, gañando un punto de campionato extra.

Tres ex gañadores do Gran Premio de Mónaco, Kimi Räikkönen, Daniel Ricciardo e Fernando Alonso, acabaron todos unha volta abaixo sobre o gañador da carreira Verstappen e quedaron fora dos puntos nos postos 11º, 12º e 13º respectivamente.[13][14] A boa puntuación de Verstappen e Pérez, xunto coa retirada de Bottas e o sétimo posto de Hamilton foron suficientes para impulsar a Red Bull ao liderado no Campionato de Construtores e a Verstappen á cabeza no Campionato de Pilotos. Esta foi a primeira vez desde o Gran Premio do Reino Unido de 2018 que Mercedes non lidera ningún dos campionatos. Tamén foi a primeira vez que Verstappen foi líder de puntos na súa carreira de Fórmula Un.[15] A FIA dixo que estaba aberta a aceptar cambios de deseño para no futuro para mellorar a emoción neste circuíto, despois de que a carreira proporcionase un baixo número de adiantamentos.[16][c]

Clasificación da carreira

editar
Pos.PilotoConstrutorVoltasTempo/RetiradaGrellaPuntos
133 Max VerstappenRed Bull Racing-Honda781:38:56.820225
255 Carlos SainzFerrari78+8.968418
34 Lando NorrisMcLaren-Mercedes78+19.427515
411 Sergio PérezRed Bull Racing-Honda78+20.490912
55 Sebastian VettelAston Martin-Mercedes78+52.591810
610 Pierre GaslyAlphaTauri-Honda78+53.89668
744 Lewis HamiltonMercedes78+1:08.23177[18]
818 Lance StrollAston Martin-Mercedes77+1 volta134
931 Esteban OconAlpine-Renault77+1 volta112
1099 Antonio GiovinazziAlfa Romeo Racing-Ferrari77+1 volta101
117 Kimi RäikkönenAlfa Romeo Racing-Ferrari77+1 volta14
123 Daniel RicciardoMcLaren-Mercedes77+1 volta12
1314 Fernando AlonsoAlpine-Renault77+1 volta17
1463 George RussellWilliams-Mercedes77+1 volta15
156 Nicholas LatifiWilliams-Mercedes77+1 volta18
1622 Yuki TsunodaAlphaTauri-Honda77+1 volta16
179 Nikita Mazepin[b]Haas-Ferrari75+3 voltas19
1847 Mick SchumacherHaas-Ferrari75+3 voltas20
Ret77 Valtteri BottasMercedes29Porca da roda3
NTS16 Charles LeclercFerrari0Palier[19]
Volta rápida: Lewis Hamilton (Mercedes) – 1:12.909 (volta 69)
Fonte:[10][20][21]

Posicións logo da carreira

editar
  • Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.

Notas

editar
  1. O plan da Fórmula Un de celebrar vinte e dous Grandes Premios.[1] Segue suxeito á cancelación das carreiras debido á pandemia de COVID-19 e á substitución das carreiras que se cancelen. No momento do evento, a Fórmula Un tiña previsto celebrar vinte e tres Grandes Premios.[2][3]
  2. 2,0 2,1 Nikita Mazepin é ruso, pero participa como competidor neutral usando a designación RAF (Russian Automobile Federation), xa que o Tribunal de Arbitraxe para o Deporte confirmou a prohibición de competir a Rusia nos Campionatos do Mundo. A prohibición dictada pola Axencia Mundial Antidopaxe en resposta ao programa de dopaxe patrocinado polo Estado de atletas rusos.[7]
  3. As fontes non están de acordo sobre se os adiantamentos da primeira volta deben considerarse no total, algunhas fontes informan de cero adiantamentos,[17] e utras un.[16]
Referencias
  1. Smith, Luke (28 de agosto de 2021). "Formula 1 reveals updated 2021 calendar, drops to 22 races". Autosport. Consultado o 28 de agosto de 2021. 
  2. Richards, Giles (12 de agosto de 2021). "F1's off-track drama heats up as Covid threatens to scupper busy schedule". The Guardian. Consultado o 13 de agosto de 2021. 
  3. Benson, Andrew (6 de xullo de 2021). "Australian Grand Prix: Formula 1 race and Moto GP round called off". BBC Sport. Consultado o 7 de xullo de 2021. 
  4. "Williams cars will carry names of fans at Monaco Grand Prix as team celebrate 750 races in F1". www.formula1.com. 
  5. "Bold is Back | Monaco GP Livery Reveal | #GulfXMcLaren" – vía www.youtube.com. 
  6. "McLaren Formula One team to run Gulf Livery in Monaco". Motor Authority (en inglés). Consultado o 2021-05-24. 
  7. Luke Smith (5 de febreiro de 2021). "Mazepin set to race under neutral flag after CAS ruling extends to F1". motorsport.com. Arquivado dende o orixinal o 5 de febreiro de 2021. Consultado o 5 de febreiro de 2021. 
  8. Mick Schumacher non participou na clasificación debido a un accidente ocorrido durante a terceira sesión de adestramentos. Permitíuselle competir a criterio dos comisarios. Tamén recibiu unha penalización de cinco posicións por un cambio de caixa de cambios non programado. A penalización non entrou en vigor xa que comezou a carreira desde a última posición.
  9. "Formula 1 Grand Prix de Monaco 2021 – Qualifying". Formula1.com. 22 de maio de 2021. Consultado o 22 de maio de 2021. 
  10. 10,0 10,1 "Formula 1 Grand Prix de Monaco 2021 – Starting Grid". Formula1.com. 22 de maio de 2021. Consultado o 22 de maio de 2021. 
  11. "What caused 'catastrophic failure' of Bottas's wheelnut?". 24 May 2021. 
  12. "What caused 'catastrophic failure' of Bottas's wheelnut?". 24 de maio de 2021. 
  13. 13,0 13,1 "2021 Monaco Grand Prix race report & highlights: Verstappen claims Monaco victory over Sainz and Norris, after polesitter Leclerc fails to take start". Formula1.com (en inglés). Consultado o 2021-05-24. 
  14. 14,0 14,1 "RACE HIGHLIGHTS: Watch all the key moments from Verstappen's Monaco Grand Prix win". Formula1.com (en inglés). Consultado o 2021-05-24. 
  15. "Max Verstappen wins Monaco Grand Prix to take world championship lead". Guardian. 23 de maio de 2021. Consultado o 24 de maio de 2021. 
  16. 16,0 16,1 Edmondson, Laurence (2021-05-25). "F1 will consider Monaco Grand Prix layout changes to improve racing". ESPN.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 22 de decembro de 2021. Consultado o 2021-06-23. 
  17. Ntsiabaka, Nicolas. "Grand Prix de Monaco - Aucun dépassement, une première depuis 2017" [Monaco Grand Prix - No overtaking, a first since 2017]. Motorsinside.com (en francés). Arquivado dende o orixinal o 24 de xuño de 2021. Consultado o 2021-06-23. 
  18. Inclúe un punto pola volta rápida
  19. Charles Leclerc non comezou a carreira. O seu posto na grella quedou vacante.
  20. "Formula 1 Grand Prix de Monaco 2021 – Race Result". Formula1.com. 23 de maio de 2021. Arquivado dende o orixinal o 23 de maio de 2021. Consultado o 23 de maio de 2021. 
  21. "Formula 1 Gran Prix de Monaco 2021 – Fastest Laps". Formula1.com. 23 de maio de 2021. Arquivado dende o orixinal o 23 de maio de 2021. Consultado o 23 de maio de 2021. 

Véxase tamén

editar


Carreira anterior:
Gran Premio de España de 2021
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA
Temporada 2021
Carreira seguinte:
Gran Premio de Acerbaixán de 2021
Carreira anterior:
Gran Premio de Mónaco de 2019
Gran Premio de MónacoCarreira seguinte:
Gran Premio de Mónaco de 2022