Gran Premio de Abu Zabi de 2016
O Gran Premio de Abu Zabi de 2016 (oficialmente coñecido como 2016 Formula 1 Etihad Airways Abu Dhabi Grand Prix) foi unha carreira de Fórmula Un que se disputou o 27 de novembro de 2016 no Circuíto de Yas Marina na Illa Yas, unha illa nos arredores de Abu Zabi nos Emiratos Árabes Unidos. A carreira foi a sétima edición do Gran Premio de Abu Zabi e a sétima vez que a carreira disputouse como unha proba do Campionato Mundial desde a tempada inaugural en 1950.
Detalles da carreira | ||
---|---|---|
Carreira 21 de 21 no Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2016. | ||
Trazado do circuíto de Abu Zabi. | ||
Data | 27 de novembro de 2016 | |
Nome oficial | Etihad Airways Gran Premio de Abu Zabi de Fórmula 1 de 2016 | |
Localización | Illa Yas, Abu Zabi, Emiratos Árabes Unidos | |
Percorrido | Percorrido permanente de carreira 5´554 km | |
Distancia | 55 voltas, 305´470 km km | |
Clima | Seco e asollado. Temperatura 26 °C ambientais e 29 °C no asfalto, humidade relativa do 43%. Vento 18 km/h. | |
Pole position | ||
Piloto | Lewis Hamilton | Mercedes |
Tempo | 1:38.755 | |
Volta rápida | ||
Piloto | Sebastian Vettel | Ferrari |
Tempo | 1:43.729 na volta 43 | |
Podio | ||
Primeiro | Lewis Hamilton | Mercedes |
Segundo | Nico Rosberg | Mercedes |
Terceiro | Sebastian Vettel | Ferrari |
A Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |
Antecedentes editar
O Gran Premio de Abu zabi foi a carreira número 250 e última de Felipe Massa na Fórmula 1. Tamén foi a última carreira de Jenson Button ata o momento, o seguinte ano continuou en McLaren pero como piloto de probas. Foi a última carreira de Nico Hülkenberg con Force India que pasou a Renault, de Kevin Magnussen con Renault, que pasou a Haas e de Esteban Ocon con Manor que pasou a Force India en 2017.
Carreira editar
Na saída Lewis Hamilton mantivo a primeira posición. Nico Rosberg, pegado, consciente de que a segunda praza outorgaríalle o título. Por detrás, Kimi Räikkönen. Daniel Ricciardo marchaba cuarto, mentres o seu compañeiro de equipo trompeou e caeu ata a última praza. Na sexta volta Kevin Magnussen retirouse por problemas no seu Renault, seguido por Bottas unha volta máis tarde con problemas no seu Williams. Cando os líderes comezan a entrar en boxes, Ricciardo queda primeiro provisionalmente. Na 10ª volta a clasificación era Ricciardo, Pérez, Hamilton, Verstappen, Rosberg, Raïkkönen, Vettel, Button, Hulkenberg e Grosjean. Na volta 13 Jenson Button abandonou coa suspensión dianteira rota, na 15 o seguía Daniil Kvyat que rompeu a caixa de cambios do Toro Rosso, mentres Hamilton se queixaba dos seus pneumáticos.
Na volta 20 a clasificación provisional do GP de Abu Zabi de Fórmula 1 era Hamilton, Verstappen, Rosberg, Räikkönen, Ricciardo, Vettel, Hulkenberg, Pérez, Massa e Alonso (10º), na seguinte volta Rosberg adiantou a Verstappen que ao entrar en boxes e caeu a oitava posición, coa esperanza de chegar ata o final sen volver a cambiar pneumáticos. Na volta 29 Hamilton entra en boxes e na volta 30 a situación era Vettel, Hamilton, Rosberg, Verstappen, Räikkönen, Massa, Alonso (8º), Hulkenberg e Pérez. Hamilton ralentizou a carreira para permitir que se acercara o dúo de Christian Horner a Nico Rosberg. A situación na volta 40 era Hamilton, Rosberg, Verstappen, Ricciardo, Räikkönen, Vettel, Hulkenberg, Pérez, Massa e Alonso (10º). Na Jvolta 44 Jolyon Palmer golpeou o difusor do F1 de Carlos Sainz ao apartarse para ser dobrlado. Dirección de carreira decidiu abrir unha investigación, pero o golpe afectou a Sainz e non podía pasar de segunda velocidade, tendo que abandonar.
Os 10 primeiros na volta 50 eran Hamilton, Rosberg, Verstappen, Vettel, Ricciardo, Räikkönen, Hulkenberg, Pérez, Massa e Alonso (10º). Na volta 53 Lewis Hamilton se escapa, pero logo de liala detrás. Sebastian Vettel se lanza sobre o Red Bull e adianta a Max Verstappen. Vettel era terceiro e foi a por Nico Rosberg. Por detrás, tócanse os Manor, Ocon e Wehrlein, Ocon voou sobre o piano. Na última volta Nico Rosberg aguantou as turradas de Sebastian Vettel. Max Verstappen estaba á caída. Todos contra Nico Rosberg pero o alemán aguantou e aínda que Vettel o intentou, non o conseguiu. Hamilton no podía ir máis lento. Nico Rosberg proclamouse campión do mundo de Fórmula 1 por primeira vez na súa traxectoria deportiva. Na carreira Hamilton foi primeiro seguido de Rosberg, Vettel, Verstappen, Daniel Ricciado, Kimi Räikkönen, Nico Hulkenberg e Sergio Pérez. Felipe Massa retirouse da Fórmula 1 na novena praza. Fernando Alonso foi décimo.
Clasificación editar
Cualificación editar
Carreira editar
Posicións logo da carreira editar
- Texto en negra indica que Mercedes e Nico Rosberg foron os Campións do mundo.
|
|
- Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.
Notas editar
- ↑ "2016 Formula 1 Etihad Airways Abu Dhabi Grand Prix – Qualifying". Formula1.com. Formula One World Championship Limited. 26 November 2016. Consultado o 26 November 2016.
- ↑ Jolyon Palmer recebíu 5 segundos de penalización por causar unha colisión co Carlos Sainz
- ↑ "2016 Formula 1 Etihad Airways Abu Dhabi Grand Prix – Race Result". Formula1.com. Formula One World Championship Limited. 27 November 2016. Consultado o 28 November 2016.
Véxase tamén editar
Ligazóns externas editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gran Premio de Abu Zabi de 2016 |
Carreira anterior: Gran Premio do Brasil de 2016 | Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA Temporada 2016 | Carreira seguinte: Gran Premio de Australia de 2017 |
Carreira anterior: Gran Premio de Abu Zabi de 2015 | Gran Premio de Abu Zabi | Carreira seguinte: Gran Premio de Abu Zabi de 2017 |