Giraldus Cambrensis
Giraldus Cambrensis ou Xeraldo de Gales, en francés Gerard Le Cambrien, nado no castelo de Manorbier (Pembrokeshire) c. 1146 e finado probablemente en Hereford c. 1223, foi un monxe e escritor galés.
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 1146 ![]() Manorbier ![]() |
Morte | 1220 ↔ 1223 ![]() Hereford (pt) ![]() ![]() |
Capelán | |
![]() | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Gales ![]() |
Relixión | Igrexa católica ![]() |
Educación | Universidade de París ![]() |
Actividade | |
Campo de traballo | Historia, chronicle writing (en) ![]() ![]() |
Lugar de traballo | Gales ![]() |
Ocupación | cartógrafo , ministro , político , escritor , historiador , sacerdote católico ![]() |
Lingua | Lingua latina ![]() |
Orde relixiosa | Orde de San Bieito ![]() |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia![]() | |
Pais | William de Barri (en) ![]() ![]() ![]() ![]() |
Irmáns | Robert de Barry (en) ![]() ![]() ![]() |
![]() ![]() |
Traxectoria
editarDe familia nobre, tivo unha formación completa en teoloxía e letras en Inglaterra e París. Regresou ao seu país natal de Gales como arcidiácono e desde ese cargo tratou de limitar os abusos de recadación de fondos da igrexa local.Entre as súas obras destaca a Topographia Hibernica, unha descrición das súas viaxes por Irlanda cun alto contido histórico (que máis tarde continuaría en Expugnatio Hibernica ); Itinerarium Cambriae, onde fai o mesmo pero en Gales; De instructione principis; Speculum ecclesiae, varias vidas de santos e unha autobiografía titulada De rebus a se gestis.[1]
Legado
editarO seu legado é especialmente importante para as descricións da vida normanda, que coñecía de primeira man. Os seus libros inclúen moitas opinións persoais, moitas veces controvertidas, sobre a corte e a historia do seu país, así como coleccións de lendas locais que doutro xeito non sobrevivirían.
Notas
editar- ↑ MacCaffrey, James (1909). "Giraldus Cambrensis". Catholic Encyclopedia. Consultado o 2022-04-15.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Giraldus Cambrensis ![]() |