Estación de Camp de Tarragona

Coordenadas: 41°11′32″N 1°16′27″L / 41.192181, 1.274064

Camp de Tarragona é a estación dos trens de alta velocidade de Tarragona, que ten só vías de ancho internacional (1435 mm), e está incluída dentro da rede de estacións de Adif. É unha estación pasante de trens situada entre as localidades de Perafort e La Secuita, preto de Tarragona, Reus e Valls. O nome provén da antiga comarca do Camp de Tarragona, que hoxe en día está fragmentada en tres.

Camp de Tarragona
Estación de Camp de Tarragona
SituaciónPerafort / La Secuita (Tarragona)
Liñas
Alta velocidade Avant
Longa DistanciaAlvia, Trenhotel

Esta dispón de 8 vías de ancho internacional, 4 delas sen plataformas para trens sen parada na estación que actualmente só usan os AVE directos Madrid-Barcelona ou semidirectos Madrid-Zaragoza-Barcelona.

Historia editar

Vista da estación

A estación inaugurouse o 26 de decembro de 2006 coa prolongación da LAV Madrid-Zaragoza-Lleida ata o cambiador de ancho de Roda de Berà, converténdose en estación terminal do AVE. Ao principio realizábase o traxecto ata/dende Madrid-Puerta de Atocha en 2 h 50 min, e na actualidade reducíuse ata as 2 h e media.

Foi a estación terminal dos trens AVE da L.A.V. Madrid-Barcelona-Fronteira francesa ata o 20 de febreiro de 2008, cando o AVE chegou a Barcelona.

A estación está situada practicamente no mesmo lugar no que se atopaba a antiga estación de Renfe de La Secuita-Perafort, da liña Reus-Roda de Berà, clausurada nos anos 1990.

Servizos ferroviarios editar

Media Distancia editar

<Tren>
Barcelona-SantsAvantLleida-Pirineus

Longa Distancia editar

TrenDestinoParadas intermedias
AVEBarcelona-Sants
Figueres-VilafantBarcelona-Sants · Xirona
Madrid-Puerta de AtochaLleida-Pirineus · Zaragoza-Delicias · Calatayud · Guadalaxara-Yebes
Sevilla-Santa JustaLleida-Pirineus · Zaragoza-Delicias · Calatayud · Madrid-Puerta de Atocha · Córdoba Central
Málaga-María ZambranoZaragoza-Delicias · Madrid-Puerta de Atocha · Cidade Real-Central · Puertollano · Córdoba Central · Puente Genil-Herrera · Antequera-Santa Ana
AlviaBarcelona-Sants
Bilbao-AbandoLleida-Pirineus · Zaragoza-Delicias · Tudela de Navarra · Castejón de Ebro · Alfaro · Calahorra · Logroño · Haro · Miranda de Ebro · Llodio
IrúnLleida-Pirineus · Zaragoza-Delicias · Tudela de Navarra · Castejón de Ebro · Tafalla · Pamplona · Altsasu · Zumarraga · Tolosa · Donostia
VigoLleida-Pirineus · Zaragoza-Delicias · Tudela de Navarra · Castejón de Ebro · Tafalla · Pamplona · Vitoria/Gasteiz · Miranda de Ebro · Burgos · Palencia · Sahagún · León · Astorga · Bembibre · Ponferrada · O Barco de Valdeorras · A Rúa-Petín · San Clodio-Quiroga · Monforte de Lemos · Ourense-Empalme · Redondela de Galicia
Trenhotel GaliciaBarcelona-Sants
A Coruña-San CristovoLleida-Pirineus · Zaragoza-Delicias · Tudela de Navarra · Castejón de Ebro · Logroño · Burgos · Palencia · León · Astorga · Ponferrada · O Barco de Valdeorras · A Rúa-Petín · San Clodio-Quiroga · Monforte de Lemos · Sarria · Lugo · Curtis · Betanzos-Infesta
VigoAs mesmas que á Coruña ata Monforte de Lemos e ademais:
Ourense-Empalme · Guillarei · O Porriño · Redondela de Galicia
AlviaBarcelona-Sants
XixónLleida-Pirineus · Zaragoza-Delicias · Tudela de Navarra · Logroño · Burgos · Palencia · León · Oviedo

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar