Equipos participantes na Copa Mundial de Fútbol de 2010

artigo de listas da Wiki How

Para a XIX Copa Mundial de Fútbol, que se realizou en Suráfrica entre o 11 de xuño e o 11 de xullo de 2010, 32 seleccións clasificáronse á fase final. As 32 seleccións dividíronse en oito grupos de catro compoñentes. De cada grupo, os dous equipos con mellor puntuación clasificáronse a unha segunda fase de eliminación directa que decidiu o gañador do campionato.

Países participantes no torneo: Azul escuro: clasificados á fase final.Azul claro: eliminados durante o proceso de clasificación.

Equipos

editar

Previamente, 204 equipos inscribíronse para o proceso clasificatorio de cada continente, clasificándose finalmente 13 equipos de Europa, 3 de Norteamérica, 5 de Suramérica (incluíndo un a través da eliminatoria intercontinental con Norteamérica), 4 de Asia, 6 de África (incluíndo ao anfitrión), e un de Oceanía (a través da eliminatoria intercontinental con Asia). Destes todos, dous países participarían por primeira vez nestas instancias, aínda que cómpre menionar que Serbia xa participara, como sucesor legal do seleccionado de Iugoslavia.

Os equipos participantes no devandito torneo son:

Equipo(ver en detalle)



Participacións
TotalCons.Derradeira
Alemaña 17152006
Alxeria311986
Arxentina 15102006
Australia322006
Brasil 19192006
Camerún612002
Chile811998
Corea do Norte211966
Corea do Sur872006
Costa do Marfil222006
Dinamarca412002
Eslovaquia11
Eslovenia212002
España 1392006


Estados Unidos962006
Francia 1342006
Ghana222006
Grecia211994
Honduras211982
Inglaterra 1342006
Italia 17132006
Xapón442006
México1452006
Nixeria412002
Nova Zelandia211982
Países Baixos922006
Paraguai842006
Portugal532006
Serbia[1]1122006
Sudáfrica312002
Suíza922006
Uruguai 1112002

Lista de xogadores

editar

Cada selección estivo na obriga de presentar para a Copa Mundial de 2010 a 23 xogadores (3 dos cales deben ser porteiros). Cada federación participante ten que confirmar aos seus 23 xogadores con 10 días de anterioridade con respecto ao inicio do torneo.

Os equipos están autorizados para efectuar trocos por lesións considerábeis dos xogadores até 24 horas antes do seu partido inicial.

  1. Estos datos incluyen a la selección de Yugoslavia. Sin contarla, sería su tercera participación (incluyendo la participación con el nombre de República Federal de Yugoslavia en 1998 y Serbia y Montenegro en 2006.