Economía de Suriname

A economía de Suriname está dominada pola minería (especialmente do aluminio) que responde por máis dun terzo do Produto interno bruto e restrinxe as rendas do goberno conforme os prezos internacionais do produto. As perspectivas a curto prazo da economía dependen da habilidade do goberno en controlar a inflación e no desenvolvemento de proxectos nos sectores de minería de bauxita e ouro. No medio prazo depende de políticas fiscais e monetarias responsábeis, e na introdución de reformas estruturais para liberar os mercados e promover a competición.

Economía de Suriname
MoedaDólar de Suriname
Organizacións comerciais de que fai parteOMC, Caricom, UNASUR
Datos estatísticos[1]
PIB4 274 millóns (2009)
Posición do PIB163ª no mundo[2]
Crecemento do PIB-2,2% (2009)
PIB per cápita$ 9.000 (2009)
PIB por sectoragricultura 10,8%, industria 24,4%, comercio e servizos 64,8% (2005)
Inflación6,4% (2009)
Poboación abaixo da limiar de pobrezadato non dispoñíbel
Total da forza de traballo165.600 (2007)
Forza de traballo por sectoragricultura 8%, industria 14%, comercio e servizos 78% (2004)
Desemprego9,5% (2004)
Industriasminaría de bauxita e ouro, produción de alumina; petróleo, extracción de madeira, procesamento de alimentos, pesca
Parcerías comerciais[1]
Exportacións1.391 millóns (2006)
Produtos de exportaciónalumina, petróleo cru, madeira beneficiada, camarón e peixe, arroz, bananas
Principais mercadosCanadá 36,1%, Bélxica 12,5%, Noruega 12,4%, Emiratos Árabes Unidos 8,9%, Estados Unidos 7,7% (2008)
Importacións1.297 millóns (2006)
Principais produtos importadosequipamentos industriais, petróleo, algodón, bens de consumo
Finanzas públicas[1]
Débeda externa504,3 millóns (2005)
Ingresosdato non dispoñible
Gastosdato non dispoñible

O país tamén é membro do Caricom, e exporta arroz, camarón, madeira, banana, froitas e vexetais. O goberno non consegue regular a minería do ouro, e esta alimenta a economía informal.

Notas editar