Economía de Sri Lanka

A economía do Sri Lanka está baseada na exportación de produtos primarios, como grafito, produtos téxtiles, , coco e caucho. A posición xeográfica da illa, da cal a capital Colombo é un dos portos máis importantes do océano Índico, sempre foi un grande estímulo da economía.

Economía de Sri Lanka
MoedaRupia de Sri Lanka
Organizacións comerciais de que fai parteOMC, SAFTA
Datos estatísticos[1]
PIB134.5 mil millóns (2013)
Posición do PIB65ª no mundo[2]
Crecemento do PIB6.3% (2013)
PIB per cápita6 500 (2013)
PIB por sectoragricultura 10.6%, industria 32.4%, servizos 57% (2013)
Inflación4.7% (2013)
Poboación abaixo da limiar de pobrezadato non dispoñíbel
Total da forza de traballo8.528.000 (2013)
Forza de traballo por sectoragricultura 31.8%, industria 25.8%, servizos 42.4% (xuño de 2012)
Desemprego5.1% (2013)
Parcerías comerciais[1]
Exportacións10.39 mil millóns (2013)
Produtos de exportacióntéxtiles e roupas; e pementa; diamantes, esmeraldas, rubís; coco e derivados, manufaturados de caucho, peixe
Principais mercadosOs Estados Unidos 20.4%, o Reino Unido 9.9%, a India 5.8%, Italia4.7%, Bélxica 4.3% e Alemaña 4.3% (2012)
Importacións18 mil millóns (2013)
Principais produtos importadostéxtiles, produtos minerais, petróleo, alimentos, máquinas e equipamentos de transporte
Finanzas públicas[1]
Débeda externa33.67 mil millóns (2013)
Ingresosdato non dispoñible
Gastosdato non dispoñible

En 1977 o goberno abandonou as políticas de estatalización e de substitución das exportacións por outras orientadas á economía de mercado e ás exportacións, incluíndose incentivos ao investimento estranxeiro. Poucos anos despois, o 1983, iniciouse unha guerra civil entre as etnias cingalesa e a minoría támil que durou ata o 2009, causando danos importantes na economía do país. Os gastos do goberno en desenvolvemento e no combate aos Tigres de Liberación do Tamil Eelam fixeron con que o PIB crecese case 7% ao ano entre 2006 e 2008[1].

Ata o inicio dos anos 90, o Sri Lanka era o maior exportador mundial de , e esta guerra fixo que os investimentos no cultivo do té (na maior parte financiados por compañías británicas) caesen ano tras ano. O turismo, a pesar de aínda figurar como unha importante fonte de divisas, tamén sufriu co conflito.

Notas

editar
  1. 1,0 1,1 CIA. "The World Factbook". Arquivado dende o orixinal o 24 de decembro de 2018. Consultado o 16 de agosto de 2014. 
  2. CIA. "Real GDP (purchasing power parity)". The World Factbook (en inglés). 
🔥 Top keywords: