Dombra
A dombra en Uzbekistán e Taxiquistán, dambura ou danbura en Afganistán, Taxiquistán e Uzbekistán[1] e dumbira en idioma bashkir e tártaro é un tipo de laúde de pescozo longo en forma de pera popular nas nacións de Asia Central e moi utilizado tamén en Casaquistán e Kirguizistán. Ten dúas cordas, feitas tradicionalmente con tendón animal, aínda que as modernas son de nailon. Ten catorce trastes no seu diapasón.
Dombra | |
---|---|
![]() | |
Patrimonio da Humanidade - UNESCO | |
País | ![]() |
Localización | N/D |
Tipo | Cultural inmaterial |
Criterios | [[Patrimonio da Humanidade#Criterios de selección|]] |
Inscrición | N/D |
Rexión da UNESCO | Norte e Centro de Asia |
Identificador | 00996 |
Patrimonio inmaterial
editarA actuación en solitario (kuy) da dombra kasaca foi designada como Patrimonio Cultural Inmaterial da Humanidade pola UNESCO o 26 de novembro de 2014.[2]
Na cultura popular
editar![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/5/5f/Arslanbek_Sultanbekov_playinf_Dombra_on_Dombra.gif/220px-Arslanbek_Sultanbekov_playinf_Dombra_on_Dombra.gif)
Este instrumento pasou a formar parte dun fenómeno de Internet despois de que un videoclip de SuperStar KZ, fose publicado en YouTube. O vídeo inclúe dous concursantes cantando e un terceiro cantando e tocando a dombra (Ernar Kaldynov). O nome da canción orixinal é Freestailo de R.Lizer, un home kasaco.[3][4]
Dombra como instrumento estase a popularizar a través de Dombyra Parties, un movemento de mocidade de flash mob organizado a través das redes sociais.
Notas
editar- ↑ "Wesleyan - Teahouse music". Arquivado dende o orixinal o 19 de novembro de 2010. Consultado o 11 de outubro de 2009.
- ↑ "Diez nuevos elementos en la Lista representativa del patrimonio cultural inmaterial" (en castelán). Unescopress. 26 de novembro de 2014. Consultado o 1 de decembro de 2014.
- ↑ "superstar kz". Consultado o 2023-02-19.
- ↑ "Freestylo Live High Quality Stereo Superstar.kz 4". Consultado o 2023-02-19.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Dombra ![]() |
Ligazóns externas
editarA Galipedia ten un portal sobre: Música |
![]() | Este artigo sobre cultura é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |