Den
Den, ou Udimu, foi o quinto faraón da primeira dinastía de Exipto de c. 2914-2867 adC (von Beckerath).
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século XXX a. C. ![]() |
Morte | 2995 a. C. ![]() |
Lugar de sepultura | Umel Caabe (pt) ![]() ![]() |
Faraón | |
← Djet – Anedjib → ![]() | |
Datos persoais | |
Título real no antigo Exipto | |
País de nacionalidade | Antigo Exipto ![]() |
Actividade | |
Ocupación | estadista ![]() |
Período de tempo | Época Tinita (pt) ![]() ![]() |
Outro![]() | |
Título | Faraón ![]() |
Familia | Primeira dinastía de Exipto ![]() |
Cónxuxe | Nakhtneith Serethor |
Fillos | Anedjib ( ![]() ![]() ![]() |
Pais | Djet ![]() ![]() |
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/b/b8/Den1.jpg)
Manetón denomínao Usafais, segundo Xulio Africano e Eusebio de Cesarea e atribúenlle 20 anos de reinado. Aínda que Kaplony cre que puido chegar ata 45 anos.
- A Pedra de Palermo menciona que baixo o seu reinado houbo un empadroamento xeral do país e numerosas festas relixiosas.
- Foi o primeiro faraón en usar o título de rei do Alto e Baixo Exipto.
- Do mesmo xeito que os seus predecesores realizou numerosas expedicións bélicas, especificamente contra as tribos nómades do Sinaí.
- Atopáronse numerosos obxectos na súa tumba, incluíndo unha tablilla onde aparece cumprindo ritos relixiosos destinados a repetir a coroación, Heb Sed, e xa que logo, renovar o poder real.
Dreyer atopou na tumba T de Umm el-Qaab, Abidos, unha inscrición cos nomes de Narmer, Aha, Djer, Djet, Den e Meit-Neit, e nesa orde, confirmando a nomenclatura e sucesión destes faraóns.
Construcións
editarSon asignadas a Den tres edificacións en Saqqara e unha en Abidos.
- A tumba 3035, a maior tumba real datada no período predinástico.
- A tumba 3036, posibelmente a dunha raíña.
- A tumba 3506.
- A tumba T, onde foi enterrado, na necrópole de Umm el-Qaab, en Abidos. O chan da súa tumba está pavimentado con granito vermello, sendo a primeira vez en Exipto que esta dura pedra úsase como material de edificación.
Testemuños da súa época
editar![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/6/61/Ancient_Egyptian_House_miniature_showing_windcatchers.jpg/152px-Ancient_Egyptian_House_miniature_showing_windcatchers.jpg)
- Tumba T en Abidos (a tumba do rei).
- Inscricións e impresións do selo da tumba 3035 en Saqqara (Emery).
- Impresións do selo da tumba 3036 (dono quizais un funcionario chamado Anjka) en Saqqara (Emery).
- Impresións de selo da tumba 3038 en Saqqara (Emery).
- Inscricións da tumba 3504 en Saqqara (Emery).
- Impresións de selo da tumba 3506 en Saqqara (Emery).
- Impresións e inscricións do selo da tumba 3507 en Saqqara (Emery).
- Impresións de selo da tumba X en Saqqara (Emery).
- Inscrición en tinta nun tarro e de selo dun cemiterio en Saqqara (Macramallah).
- Inscricións de selo de tumbas en Abu Roash (Montet).
- Impresións de selo de Helwan (Saad).
- Fragmento de tableta de madeira, co nome Semty, Abidos, UC 36720 (Museo Petrie).
- Aixola de cobre co nome de Dyer, tumba 461, Abidos, UC 16172 (Museo Petrie).
O papiro máis antigo coñecido está en branco, e descubriuse na tumba de Hemaka, o visir do faraón Den, na necrópole de Saqqara.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Den ![]() |
Predecesor: Djet | Faraón Primeira Dinastía | Sucesor: Anedjib |
🔥 Top keywords: PortadaEspecial:ProcurarEspecial:Cambios recentesCarles PuigdemontGerardo Lorenzo GonzálezMaría JamardoXelucho Abella ChouciñoWikipedia:Entradas de Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXISurFátima IglesiasSegunda guerra mundialHeroínas de SálvoraAWStatsAxuda:IntroduciónA illa das mentirasProne Lugo ADListenbourgRaquel AtanesWikipedia:Artigos de calidadeSecuenciación de proteínasEva Iglesias MiguénsJavier CasqueiroAxuda:Cambios relacionadosPosicións sexuaisProxyPasaporte iroquésEslovaquiaGaliciaColocación do pronome átono en galegoHerbas de san XoánWikipedia:Wikiproxecto fotos de parroquiasLista de xentilicios de concellos galegosUxía Oviedop06skA CoruñaWikipedia:Advertencia xeralShinovaLista de castelos de Portugalfjra5