Copríncipes de Andorra

(Redirección desde «Copríncipe de Andorra»)

Os copríncipes de Andorra representan a xefatura do estado independente do Principado de Andorra, segundo establece a súa Constitución aprobada o 14 de marzo de 1993 e promulgada o 28 de abril do mesmo ano. Esta representación compártese en igualdade e a título persoal, entre o bispo de La Seu d'Urgell e o presidente da República francesa.

Historia

editar
Véxase tamén: Historia de Andorra.

A orixe da figura dos copríncipes remóntase ao século XI, cando se estableceu un principio de repartición feudatario entre dous vasalos do conde de Urgell: o Bispo de Urgell e o conde de Caboet. Cando este último pasou a ser posesión do vizconde de Castellbó, a repartición transmitiuse nas mesmas condicións no ano 1186. Posteriormente, os de Castellbó integráronse no Condado de Foix dando continuidade a unha nova transmisión no 1226. Os tratados, segundo o código feudal de Pareatges de 1278 e 1288, puxeron fin a un período de disputas e confirmaron as prerrogativas de ambos os señoríos entre o bispo Pere de Urtx e o conde Roger Bernardo III de Foix.

O bispado de Urgell permaneceu baixo tutela do condado de Barcelona e a coroa de Aragón máis tarde integrada na coroa española, mentres que o condado de Foix pasou en 1479 a ser posesión dos territorios bearneses do Reino de Navarra, tamén chamados de Baixa Navarra, dando orixe a unha serie de transmisións do título dentro do ámbito francés. É por entón que o señorío compartido adquire o rango de coprincipado.

Transmisións do coprincipado francés

editar

A Baixa Navarra integrouse no Reino de Francia en 1589 coa chegada ao trono de Henrique IV, momento a partir do cal os reis sucesivos tamén se titularon de France et de Navarre. Lois XIII decidiu en 1620 unir o título de rei de Navarra e os seus dereitos transmitidos do coprincipado de Andorra, na coroa de Francia.

Tras a revolución francesa de 1789, a I República renunciou ao coprincipado ata que en 1806 o emperador Napoleón Bonaparte volveu exercer de copríncipe, considerando que o decreto real de 1620 transmitira a parte de soberanía francesa de Andorra ao estado francés, calquera que fose a súa forma de réxime. Seguindo este principio, os actuais presidentes da república francesa son copríncipes de Andorra. A Constitución andorrana de 1993 adoptou esta forma tradicional de representación.

Constitución

editar

A figura do Coprincipado está recollida no Título III, dos artigos 43 ao 49 da Constitución do Principado de Andorra de 1993. Segundo a Constitución, os copríncipes son a representación suprema do Estado e simbolizan a continuidade, independencia e espírito de equilibrio nas relacións cos estados veciños de Francia e España, desde a tradición medieval dos acordos de Pareatge.

Os copríncipes arbitran e moderan as institucións e poderes públicos pero a súa responsabilidade política é transmitida ás figuras do Cap de Govern ou a do Síndic Xeral, que confirman os seus documentos, teñen liberdade para designar membros ao Consell Superior da Justícia e ao Tribunal Constitucional. Pola súa banda o copríncipe episcopal só ten un papel de consulta pois os seus propios atributos eclesiásticos impiden a súa participación en actividades políticas e de goberno.

Lista de Copríncipes de Andorra

editar
Episcopal CopríncipePeríodoFrancés CopríncipePeríodo
Bispos de UrgellCondes de Foix
Casa of Foix
Pere d'Urtx1278–1293Roxerio-Bernardo III1278–1302
Guillem de Montcada1295–1308
Casa de Foix-Béarn
Gastón I1302–1315
Ramon Trebaylla1309–1326
Gastón II1315–1343
Arnau de Llordà1326–1341
Pere de Narbona1341–1347
Gastón III1343–1391
Nicolau Capoci1348–1351
Hugó Desbach1351–1361
Guillem Arnau de Patau1362–1364
Pere de Luna1365–1370
Berenguer d'Erill i de Pallars1371–1388
Galcerand de Vilanova1388–1396
Mathieu1391–1396
Primeira anexión a Aragón
Andorra foi brevemente anexionada á Coroa de Aragón en 1396.
Bispos de UrgellCondes de Foix
Casa de Foix-Béarn (restored)
Galcerand de Vilanova1396–1415Mathieu1396–1398
Sabela1398–1413
Casa de Foix-Grailly
Xoán I1413–1436
Francesc de Tovia1416–1436
Gastón IV1436–1472
Arnau Roger de Pallars1437–1461
Jaume de Cardona i de Gandia1462–1466
Roderic de Borja i Escrivà1467–1472
Pere de Cardona1472–1512Reis de Navarra
François-Fébus1472–1483
Catarina1483–1512
Segunda anexión a Aragón
Andorra foi brevemente anexionada á Coroa de Aragón en 1512–1513.
Bispos de UrgellReis de Navarra
Casa de Foix-Grailly (restored)
Pere de Cardona1513–1515Catarina1513–1517
Joan Despés1515–1530
Casa de Albret
Henrique II1517–1555
Pedro Jordà de Urríes1532–1533
Francesc de Urríes1534–1551
Miquel Despuig1552–1556
Xoana III1555–1572
Joan Pérez García de Oliván1556–1560
Pere de Castellet1561–1571
Joan Dimas Loris1572–1576 Casa de Borbón
Henrique III
Henrique IV de Francia
1572–1610
Miquel Jeroni Morell1577–1579
Hugó Ambrós de Montcada1580–1586
Andreu Capella1587–1609
Bernat de Salbà i de Salbà1610–1620Lois II
Lois XIII de Francia
1610–1620
Luís Díes Aux de Armendáriz1621–1627Reis de Francia
Lois XIII1620–1643
Antoni Pérez1627–1633
Pau Duran1634–1651
Lois XIV1643–1715
Joan Manuel de Espinosa1655–1663
Melcior Palau i Boscà1664–1670
Pere de Copons i de Teixidor1671–1681
Joan Desbach Martorell1682–1688
Oleguer de Montserrat Rufet1689–1694
Julià Cano Thebar1695–1714
Simeó de Guinda y Apeztegui1714–1737
Lois XV1715–1774
Jordi Curado y Torreblanca1738–1747
Sebastià de Victoria Emparán y Loyola1747–1756
Francesc Josep Catalán de Ocón1757–1762
Francesc Fernández de Xátiva y Contreras1763–1771
Joaquín de Santiyán y Valdivielso1772–1779
Lois XVI1774–1792
Juan de García y Montenegro1780–1783
Josep de Boltas1785–1795
Presidentes da I República Francesa
Francia renuncia á posición de co-príncipe.[1]
Francesc Antoni de la Dueña y Cisneros1797–1816
Emperadores dos Franceses
Casa de Bonaparte
Napoleón I1806–1814
Reis de Francia
Casa de Borbón
Lois XVIII1814–1815
Emperadores dos Franceses
Casa de Bonaparte
Napoleón I1815
Napoleón II1815
Bernat Francés y Caballero1817–1824Reis de Francia
Casa de Borbón
Lois XVIII1815–1824
Bonifaci López y Pulido1824–1827Carlos X1824–1830
Simó de Guardiola y Hortoneda1827–1851
Casa de Orleáns
Louis Philippe1830–1848
Presidentes da II República Francesa
Luís-Napoléon Bonaparte1848–1852
Emperadores dos Franceses
Casa de Bonaparte
Napoleón III1852–1870
Josep Caixal i Estradé1853–1879
Presidentes da III República Francesa
Louis-Adolphe Thiers1871–1873
Patrice MacMahon1873–1879
Salvador Casañas i Pagés1879–1901Jules Grévy1879–1887
Sadi Carnot1887–1894
Jean Casimir-Perier1894–1895
Félix Faure1895–1899
Émile Loubet1899–1906
Ramon Riu i Cabanes1901
Toribio Martín1902
Joan Josep Laguarda i Fenollera1902–1906
Josep Pujargimzú1907Clément Armand Fallières1906–1913
Juan Benlloch y Vivó1907–1919
Raymond Poincaré1913–1920
Jaume Viladrich i Gaspa1919–1920
Justí Guitart i Vilardebó1920–1940Paul Deschanel1920
Alexandre Millerand1920–1924
Gaston Doumergue1924–1931
Paul Doumer1931–1932
Albert Lebrun1932–1940
Ricard Fornesa1940–1943Xefes do Estado Francés
Henri Philippe Pétain1940–1944
Ramon Iglesias i Navarri1943–1969
Xefatura do Goberno Provisional
Charles de Gaulle1944–1946
Félix Gouin1946
Georges Bidault1946–1947
Presidentes da IV República Francesa
Vincent Auriol1947–1954
René Coty1954–1959
Presidentes da V República Francesa
Charles de Gaulle1959–1969
Ramón Malla Call1969–1971Georges Pompidou1969–1974
Joan Martí Alanis1971–2003
Valéry Giscard d'Estaing1974–1981
François Mitterrand1981–1995
Jacques Chirac1995–2007
Joan Enric Vives Sicília2003–
Nicolas Sarkozy2007–2012
François Hollande2012–2017
Emmanuel Macron2017–

Notas

editar

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar