Constitución española de 1876
A Constitución española de 1876 (cuxa denominación oficial foi: Constitución da Monarquía Española) foi promulgada por Cánovas del Castillo o 30 de xuño de 1876,[1] logo da restauración borbónica. Foi unha constitución que supuña unha mestura entre a constitución moderada de 1845 e a progresista de 1869.[2] Tivo unha vixencia moi prolongada, ata 1931, aínda que permaneceu suspendida durante a ditadura de Primo de Rivera, que pretendeu, sen conseguilo, elaborar outra. En 1931, sería substituída pola Constitución de 1931[3] que abría a Segunda República.
Entre os principais principios, recoñecía:
- Soberanía conxunta de El-Rei e das Cortes Xerais.[4]
- Monarquía constitucional con importantes atribucións á Coroa.[5]
- O poder executivo recae en El-Rei, que nomea ao xefe de gobrerno e aos ministros.
- O poder lexislativo é compartido entre as Cortes e El-Rei,[6] aínda que este ten dereito de veto e pode disolve-las Cámaras.[7]
- As Cortes son bicamerais:[8] estaban compostas por un Senado, formado por designación real, e un Congreso, elixido por sufraxio.
- O poder xudicial, aplica as leis nos xuízos e os xuíces eran elixidos por oposición.
- Estado moi centralizado: concellos e deputacións provinciais estaban baixo control gobernamental.[9]
- As liberdades políticas dos cidadáns eran recoñecidas, pero foron restrinxidas polas leis ordinarias.
- Proclamábase a confesionalidade católica do Estado, aínda que se permitía o culto privado das outras relixións.[10]
- Non se define respecto do tipo de sufraxio, nin sobre o tipo de sistema electoral. En 1890, durante o goberno de Sagasta, o sufraxio convértese en universal masculino.
Notas editar
Véxase tamén editar
A Galifontes posúe textos orixinais acerca de: Constitución española de 1876 |
Bibliografía editar
- Gallego, José Andrés (1988). España en el siglo XX (1900-1978). Madrid: Anaya. ISBN 9788420732282.
- Palomero Caro, Rafael; Pérez Rodríguez, José María (2006). Histocard 2. Historia contemporánea de Cataluña y de España. Col. Minimanual Nº 14. Madrid: Almadraba Editorial. ISBN 84-9804-211-9.
- Roca Agapito, Luis (2005). La repercusión de la aprobación de la Constitución Española de 1978 en el ámbito del Derecho Penal. En Homenaje a la Constitución Española: XXV aniversario. Oviedo: Universidad de Oviedo. ISBN 84-8317-473-1.
- Seco Serrano, Carlos (2006). "De la democracia innovadora de 1869 a la síntesis integradora de 1876". En Anes, Gonzalo. Veinticinco años de la Constitución Española. Madrid: Real Academia de la Historia. pp. 205–220. ISBN 84-95983-74-5.
🔥 Top keywords: Crispín d'OlotPortadaEspecial:ProcurarBorussia DortmundCarles PuigdemontJosé Benito Suárez CostaEspecial:Cambios recentesCarlo AncelottiWembley StadiumJoselu MatoBulgariaCohesiónDani CarvajalToni KroosSelección de fútbol de GaliciaLenny KravitzLucas VázquezGolpe en HawaiJude BellinghamFlorentino PérezPartido GalegoAWStatsLiga de Campións da UEFASegunda guerra mundialMaría Antonia Álvarez YáñezXHamsterNordés (vento)Lucía VarelaMichelle Clemente EscotetCanle (enxeñaría)Pet Shop BoysPosicións sexuaisMemorias de ÁfricaCanle (comunicación)Thibaut CourtoisWikipedia:Advertencia xeralEleccións ao Parlamento Europeo de 2024Luísa VillaltaTaiwán