Christopher Lloyd

Actor estadounidense

Christopher Allen Lloyd, nado en Stamford (Connecticut) o 22 de outubro de 1938, é un actor estadounidense. Adquiriu sona polos seus papeis de secundario en filmes como Alguén voou sobre o niño do cuco, Back to the Future ou The Addams Family.

Infotaula de personaChristopher Lloyd

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Christopher Allen Lloyd Editar o valor em Wikidata
22 de outubro de 1938 Editar o valor em Wikidata (85 anos)
Stamford, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaStamford
Nova York
New Canada Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónFessenden School
Neighborhood Playhouse School of the Theatre
Staples High School
Darrow School Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónactor , actor de dobraxe Editar o valor em Wikidata
Período de tempoSéculo XX Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1961 Editar o valor em Wikidata -
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
PaisSamuel R. Lloyd Editar o valor em Wikidata  e Ruth Lapham Editar o valor em Wikidata
IrmánsSam Lloyd e Antoinette L. Mygatt Lucas Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm0000502 Allocine: 1459 Rottentomatoes: celebrity/christopher_lloyd_2 Allmovie: p42805 TCM: 115116 Metacritic: person/christopher-lloyd TV.com: people/christopher-lloyd IBDB: 80508
Facebook: thechristopherlloyd Twitter: docbrownlloyd Instagram: mrchristopherlloyd BNE: XX1266207 Musicbrainz: dddb9db8-9b96-4483-bf77-acc172006035 Discogs: 2361321 WikiTree: Lloyd-9886 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

editar

Primeiros anos

editar
Lloyd na escola secundaria en 1955.

Christopher Lloyd naceu en Stamford, Connecticut, e é fillo de Samuel R. Lloyd (un avogado), e da cantante Ruth Lapham (irmá do alcalde de San Francisco, Roger Lapham).[1][2] O seu avó materno, Lewis Lapham, foi un dos fundadores da compañía de combustíbel Texaco.[3] Lloyd tamén é descendente do pasaxeiro do Mayflower John Howland.[4] Asistiu á The Fessenden School, unha prestixiosa escola preparatoria en Newton, Massachusetts. Medrou en New Canaan e Westport, onde en 1958 se graduou na Staples High School.

A súa nai, herdeira da fortuna dos Lapham, doou o fogar ancestral da súa familia, Waveny Park, á vila de New Canaan.

Carreira como actor

editar

Christopher Lloyd comezou a actuar con 14 anos como aprendiz durante un verán. Tomou clases en Nova York con 19 anos, algunhas no Neighborhood Playhouse xunto a Sanford Meisner. Apareceu en varios musicais de Broadway, incluíndo Happy End, A Midsummer Night's Dream, Red, White and Maddox, Kaspar, The Harlot and the Hunted, The Seagull, Total Eclipse, Macbeth, In the Boom Boom Room, Cracks, Professional Resident Company, What Every Woman Knows, And They Put Handcuffs on the Flowers, The Father, King Lear e Power Failure.

O primeiro papel importante de Lloyd nas películas foi o dun paciente psiquiátrico en Alguén voou sobre o niño do cuco. Porén, pode ser máis lembrado polos seus papeis como Reverendo Jim Ignatowski, o ex-hippie taxista na serie Taxi, e o excéntrico inventor "Doc" Emmett Brown na triloxía de Back to the Future. Tamén desempeñou papeis notábeis como o comandante Kruge Klingon en Star Trek III: The Search for Spock, o profesor Dimple nun episodio de Road to Avonlea, ou o tío Fester en The Addams Family.

Apareceu nun xogo para PC de 1996, chamado Toonstruck, no cal actuou de protagonista transportado nun mundo de debuxos animados, e tamén foi un personaxe regular na sitcom de Pamela Anderson, Stacked. Lloyd fixo numerosos papeis en programas de televisión durante a súa carreira. Por exemplo, nun episodio de Malcolm in the Middle, onde interpreta ao excéntrico avó paternal de Malcolm. Tamén interpretou ao Constitucionalista Lawrence Lessig (o cal na vida real é vinte e tres anos máis novo ca Lloyd) nun episodio da sexta tempada de The West Wing.

Moitos dos seus papeis parecen orientarse cara á revelación cómica, así como hiperactivo cos personaxes do Reverendo Jim ou do Dr. Emmett Brown, ou como conservadores tensos por exemplo en The Dream Team and Mr. Mom. Lloyd demostrou carácter considerábel como actor dramático, en películas tales como Things to Do in Denver When You're Dead, como un personaxe leproso e enxeñoso.Lloyd foi Chevalier knighted de l'Ordre du Corbeau (literalmente cabaleiro da orde do corvo) en Bélxica no BIFFF (Festival internacional de Bruxelas das películas fantásticas) o 12 de abril de 2007. Apareceu en persoa, respondeu as preguntas da audiencia e asinou artigos seleccionados.

O 4 de xuño de 2007, Lloyd apareceu durante a abertura de Microsoft TechEd 2007 como o personaxe do Dr. Emmett Brown de Back to the Future, como gancho cómico para Bob Muglia, primeiro vicepresidente de Microsoft.

No ano 2010, Lloyd prestouse como actor de voz no videoxogo de Telltale Games Back to the Future: The Game, onde de novo encargouse de interpretar ao doutor Emmett Brown.

Seguindo esta liña, no 2011 foi contratado como o personaxe do Dr. Emmett Brown de Back to the Future pola empresa arxentina de electrodomésticos Garbarino, para facer unha campaña publicitaria e, a pedido del, ver tango. O soldo cobrado (200 mil dólares estadounidenses) doouno á fundación de Michael J. Fox.[5] Tamén traballou para Nike, na campaña Back for the Future en beneficio á fundación do seu amigo Michael J. Fox.

Vida privada

editar

Christopher Lloyd raramente aparece en público ou é entrevistado. Algúns dos seus mellores amigos, coestrelas e seguidores que o coñeceron descríbeno como un home moi tímido e tranquilo. Estivo casado catro veces pero nunca tivo fillos. Actualmente está divorciado. O seu sobriño, Sam Lloyd, é coñecido por interpretar a Ted Buckland, o avogado na serie Scrubs. En novembro de 2008, a súa casa de Montecito, California, foi destruída no incendio de Montecito Tea.[6]

No ano 2009, nunha entrevista durante a proxección da triloxía de Back to the Future en Hollywood, preguntáronlle a Lloyd cal das películas de Back to the Future era a súa favorita. O actor respondeu: "a terceira, porque é un western e son fanático dese xénero, e segundo, porque ten unha historia de amor. Sempre quixera estar nunha historia de amor e nesta tiven a posibilidade de estar no medio dunha". Case un ano despois, asistiu ao Tampa Theatre nunha proxección de Back to the Future, onde volveu ser entrevistado. En maio de 2014 participou como convidado especial no Cómic Con Chile asinando autógrafos e fotografándose cos seus fans.

Filmografía

editar

Cinema e televisión

editar
AnoFilmePapelNotas
1970AirportPatron na cea
1975Alguén voou sobre o niño do cucoMax Taber
1978Goin' SouthDeputy Towfield
Taxi (TV)Reverendo Jim Ignatowski
Three WarriorsSteve Chaffey
1979The Onion FieldAvogado do cárcere
The Lady in RedFrognose
1981The Legend of the Lone RangerMaj. Bartholomew 'Butch' Cavendish
1983Mr. MomLarry
To Be or Not to BeCapitán das S.S. Schultz
1984Cheers (TV)Phillip SemenkoEpisodio "I'll Be Seeing You" (tempada 2, episodio 21)
Star Trek III: The Search for SpockKlingon Commander Kruge
The Adventures of Buckaroo Banzai Across the 8th DimensionJohn Bigbooté
National Lampoon's Joy of SexCoach Hindenberg
1985Back to the Future"Doc" Emmett L. Brown
ClueProfesor Plum
Street Hawk (TV)Anthony Corrido
1986A aventura máis milagrosa endexamais contadaHarry
1987Walk Like a ManReggie Shand / Henry Shand
1988Ruta 29Henry Henry
Quen enganou a Roger Rabbit?Xuíz Doom
Eight Men OutBill Burns
1989The Dream TeamHenry Sikorsky
Regreso ó futuro II"Doc" Emmett L. Brown
1990Back to the Future Part III"Doc" Emmett L. Brown
Why Me?Bruno Daley
DuckTales the Movie: Treasure of the Lost LampMerlockVoz
1991Back to the Future: The Ride"Doc" Emmett L. Brown
Back to the Future: The Animated SeriesDoc Emmett L. Brown
Suburban CommandoCharlie Wilcox
The Addams FamilyTío Fester Addams
1992Amazing Stories: Book Two (TV)Profesor B.O. Beanes
Road to Avonlea (TV)Profesor Dimple
T bone 'N' WeaselWilliam 'Weasel' Weasler
Dead Ahead: The Exxon Valdez DisasterFrank Iarossi
1993Dennis the MenaceSwitchblade Sam
Addams Family ValuesTío Fester Addams
Twenty BucksJimmy
1994Angels in the OutfieldAl "The Boss" Angel
Camp NowhereDennis Van Welker
O gardián das palabrasMr. Dewey / The Pagemaster
In Search of Dr. SeussMr. Hunch
Radioland MurdersZoltan: Eccentric
FelidaeJokerNa dobraxe inglesa
1995Rent-a-KidLawrence 'Larry' Kayvey
Deadly GamesJordan Kenneth Lloyd / Sebastian Jackal
Things to Do in Denver When You're DeadPieces
1996Cadillac RanchWood Grimes
ToonstruckDrew Blanc
1997Quicksilver HighwayAaron Quicksilver
AnastasiaGrigorii RasputínVoz
Angels in the EndzoneAl "The Boss" Angel
The Real BlondeErnst
1999My Favorite MartianTío Martin
Alice in WonderlandO Cabaleiro Branco
Baby GeniusesHeep
ConvergenceMorley Allen
Man on the MoonJim Ignatowski,Taxi Remake
Spin CityOwen Kingston
It Came From the SkyJarvis Moody
2001WitDoutor Harvey Kelekian
When Good Ghouls Go BadTío Fred Walker
Kids WorldLeo
2002Interstate 60Ray
Wish You Were DeadBruce
Hey Arnold!: The MovieCoroner
Cyberchase (TV)HackerVoz
The Big Time (TV)Doc Powers
2003Haunted LighthouseCap'n Jack
Tremors (TV)Cletus Poffenberger
2004I Dream (TV)Profesor Toone
Malcolm in the Middle (TV)Hal's Father
2005Stacked (TV)Profesor Harold March
Here Comes Peter Cottontail: The MovieSeymour S. Sassafrass
Bad Girls From Valley HighMr. Chauncey
The West Wing (TV)Lawrence Lessig
2006A Perfect Day (TV)Michael
Valerie on the Stairs (TV)Everett NeelyEpisodio de Masters of Horror
2007Numb3rs (TV)Ross Moore
2008Law & Order: Criminal Intent (TV)CarmineEpisodio "Vanishing Act"
Fly Me to the MoonAvó
The Tale of DespereauxHovis
2009Meteor (TV)Dr. Lehman
Knights of Bloodsteel (TV)Tesselink
Call of the WildAvó Bill Hale
Foodfight!Mr. Clipboard
Santa BuddiesStan Cruge
2010Piranha 3-DMr. Goodman
SnowmenThe Caretaker
Chuck (TV)Doutor Leo DreyfusEpisodio S03E16: "Chuck Versus the Tooth"
Jack and the BeanstalkHeadmaster
Back to the Future: The GameDoctor Emmett "Doc" BrownVideoxogo
The Witches of OzMago de Oz
2011Fringe (TV)Roscoe JoyceEpisodio: "O vagalume"
Love, Wedding, MarriageDr. George
Last CallPete
2012Piranha 3DDMr. Goodman
ThickerAugustine
Excuse Me For LivingLars
2-Headed Shark AttackMr. Goodman

Videoxogos

editar
AnoTítuloPapel
1994Rescue the ScientistsTenente Jack Tempus
1996ToonstruckDrew Blanc
2004Back to the Future Video SlotsDr. Emmett "Doc" Brown
2010–2011Back to the Future: The GameDr. Emmett "Doc" Brown
2015Lego DimensionsDr. Emmett Brown[7][8]
King's QuestRey Graham (ancián)
2020Kingdom Hearts III Re:MindMestre Xehanort

Notas

editar
  1. "Sam Lloyd, Sr. Biography (1925-)". Filmreference.com. Consultado o 11 de febreiro de 2024. 
  2. "Lloyd genealogy". Freepages.genealogy.rootsweb.com. Arquivado dende o orixinal o 15 de outubro de 2007. 
  3. Christopher Lloyd Takes On Willy Loman Arquivado 04 de marzo de 2016 en Wayback Machine.. Articles.courant.com.
  4. Famous Descendants of Mayflower Passengers. Mayflowerhistory.com. Consultado o 11-02-2024.
  5. Campaña publicitaria del "Doc" Emmett Brown es un éxito en Argentina. Clarin.com
  6. California: quemada casa de Christopher Lloyd. Lanacion.cl. Consultado o 11-02-2024.
  7. CoinOpTV (16 de setembro de 2015). "Lego Dimensions Voice Actors Interviews". YouTube. Lego Dimensions features the voice talents of Chris Pratt, Alison Brie, Michael J. Fox, Gary Oldman, Irrfan Khan, Charlie Day, Ellen McLain, Stephen Merchant, Christopher Lloyd, Peter Capaldi, Jenna Coleman, Michelle Gomez, Troy Baker, Tom Kane, Joel McHale, Elizabeth Banks, Tara Strong and More! 
  8. Traveller's Tales. "Lego Dimensions". 

Véxase tamén

editar