Cemiterio de Boisaca
cemiterio en Santiago de Compostela
Coordenadas: 42°54′31″N 8°31′04″O / 42.9086111111, -8.51777777778
O Cemiterio municipal de Boisaca é o principal cemiterio do concello de Santiago de Compostela, con 66.000 metros cadrados e unhas 12.000 prazas entre sepulturas (8.659), nichos (2.433) e panteóns (168).[1] Está situado no lugar de Boisaca, ó norte da cidade, a carón do Polígono industrial do Tambre e da estrada N-550.
O lugar foi escenario de varios fusilamentos durante os primeiros meses da Guerra Civil española[2], polo cal existe un recordo nun dos muros do cemiterio en homenaxe ós executados, con varias placas dos concellos de Santiago de Compostela e de Ordes.
Personaxes ilustres
editarEntre os persoeiros enterrados no cemiterio atópanse:
- Aurelio Aguirre (1833–1858), poeta.
- Simeón García de la Riva (1823–1889), empresario e banqueiro.
- José Piñeiro González (1878-1927), aviador.
- Roberto Nóvoa (1885–1933), médico e pensador.
- Ramón María del Valle-Inclán (1866–1936), escritor.
- Xoán Xesús González (1895–1936), mestre, xornalista, avogado, escritor e político.
- Modesto Pasín Noya (1903–1936), sindicalista e político, fillo de José Pasín Romero.
- Pablo Pérez Costanti (1857–1938), arquiveiro e escritor.
- José Pasín Romero (1878–1960), sindicalista e político.
- As dúas Marías (1980 e 1983), populares veciñas de Santiago.
- Ricardo Carballo Calero (1910–1990), filólogo e escritor.
- Antón Fraguas (1905–1999), historiador e antropólogo.
- Roberto Vidal Bolaño (1950–2002), autor, director e actor de teatro.
- Domingo García-Sabell (1909–2003), médico, escritor, político e académico.
- Isaac Díaz Pardo (1920–2012), intelectual, artista e empresario.
- Xerardo Fernández Albor (1917–2018), presidente da Xunta de Galicia.
Galería
editar- Rúa principal no interior.
- Tumba de Valle-Inclán.
- Tumba de Antón Fraguas.
- Homenaxe ós fusilados.
Notas
editar- ↑ Presión demográfica en Boisaca Arquivado 03 de marzo de 2016 en Wayback Machine., artigo do 8 de decembro de 2008 en El Correo Gallego. (en castelán)
- ↑ Páxina 563 do libro "Historia de la ciudad de Santiago de Compostela". (en castelán)
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Cemiterio de Boisaca |
Ligazóns externas
editar🔥 Top keywords: PortadaHeroínas de SálvoraEspecial:ProcurarA illa das mentirasCarles PuigdemontEspecial:Cambios recentesIlla de SálvoraShinovaCatedral de Santiago de CompostelaDaniel de la TorreFraga (botánica)Santa Isabel (barco)Nerea BarrosWikipedia:Entradas de Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXISegunda guerra mundialEva CárdenasAWStatsPaisaxe evolutivaVanja Milinković-SavićLista das aves de GaliciaCoque MallaHectáreaLista de castelos de PortugalJoaquín Otero GoyanesPaula ConsJude BellinghamEsloveniaDiego AnidoLa RegiónGaliciaCantanteAs bestasFernando García AcuñaCambreMaría JamardoPosicións sexuaisEnxeñaría químicaJuan Manuel de PradaMichelle Clemente Escotet