Cadros de Leonardo da Vinci

artigo de listas da Wiki How

Esta é unha lista de cadros atribuídos a Leonardo da Vinci, (15 de abril de 1452 - 2 de maio de 1519), un dos grandes artistas do Renacemento. En xeral, quince obras atribúense a Leonardo, ou na súa totalidade ou en gran parte; a maioría son pinturas sobre táboa, pero tamén hai un mural, un gran debuxo en papel e dous esbozos de preparación de obra. Están en discusión seis pinturas máis, hai cinco obras que ultimamente lle foron atribuídas, e dúas son copias de traballos perdidos. Ningunha das pinturas de Leonardo está asinada, e esta lista recolle as opinións de varios estudosos.[1]

Autorretrato de Leonardo da Vinci.

O número pequeno de pinturas que sobreviviron é, seguramente, debido á constante experimentación con técnicas novas por parte de Leonardo. Aínda así, estes poucos traballos, xunto cos seus cadernos de notas, que conteñen debuxos, diagramas científicos e os seus pensamentos sobre a natureza da pintura, constitúen unha contribución ás xeracións posteriores de artistas igualado, salvando as distancias, só polo legado do seu contemporáneo, Michelangelo.

Lista de cadros editar

Pinturas atribuídas a Leonardo editar

ImaxeTítuloAnoTécnicaDimensiónsLocalizaciónNotas
Bautismo de Cristo1472 - 1475Óleo sobre táboa177 x 151 cmGalería Uffizi, FlorenciaPintado por Andrea del Verrocchio, pero o anxo ao lado esquerdo está feito por Leonardo.[2] Recoñécese en xeral que Leonardo tamén pintou unha gran parte da paisaxe de fondo. É un dos primeiros traballos que existen del. A declaración de Giorgio Vasari que o anxo da esquerda é obra de Leonardo está confirmada por estudos por Bode, Seidlitz e Guthman, e aceptada por McCurdy, Wasserman e outros.
Anunciación1472 - 1475Óleo sobre táboa98 x 217 cmGalería Uffizi, FlorenciaEn xeral, crese que é a primeira obra completa existente de Leonardo. Ata o 1869, a obra atribuiase a Verrocchio. Actualmente hai consenso na atribución a Leonardo, proposta por Liphhart, e aceptada por Bode, Lübke, Muller-Walde, Berenson, Clark, Goldscheider e outros.[1]
Madonna Dreyfus1475 - 1480Óleo sobre táboa15,7 x 12,8 cmNational Gallery de WashingtonObra previamente atribuída a Verrocchio ou Lorenzo di Credi. Para a maioría dos críticos, a anatomía do neno Xesús é tan pobre que desanima unha posible atribución, mentres que outros cren que é un traballo da mocidade de Leonardo. Esta atribución foi feita por Suida, en 1929. Outros historiadores de arte como Shearman e Morelli atribúeno a Verrocchio.[1] Daniel Arasse (1997) considera esta pintura como un traballo de mocidade de Leonardo.[3]
Retrato de Xenebra de Benci1476Óleo sobre táboa38,8 x 36,7 cmNational Gallery de WashingtonWaag, en 1866, propuxo a atribución da obra a Leonardo, e recibiu o apoio de Bode. Os primeiros estudosos do século XX mostraron o seu desacordo, pero a maioría dos críticos actuais aceptan tanto a autoría como a súa identidade.[1]
Madonna Benois1478Pintura ó óleo49,5 x 33 cmErmitage, San PetersburgoA maioría dos críticos coinciden coa atribución a Leonardo, como Berenson, Clark e Castelfranco.[1]
Virxe do caravel1478 - 1480Óleo sobre táboa62 x 47,5 cmAlte Pinakothek, MúnicAcéptase de xeito xeneralizado que é de Leonardo, pero aparece algún sobrepintado dun posible pintor flamengo.[1]
Anunciación1478 - 1480Temple e óleo sobre táboa16 x 60 cmMuseo do Louvre ParísAlgúns críticos propoñen a teoría de atribuír a obra á man de Lorenzo di Credi, pero partindo este para a súa realización dun debuxo previo de Leonardo. Apoia esta proposición a existencia dun debuxo atribuído a Leonardo co mesmo esquema xeral, e que se conserva na Galería Uffizi.
San Xerónimo penitentec. 1480Óleo e temple sobre taboa103 cm × 75 cmMuseos VaticanosAceptada unanimemente pola maioría de críticos como orixinal. Inconclusa.
Adoración dos Magos1481Óleo sobre táboa240 x 250 cmGalería Uffizi, FlorenciaInacabada.
A Virxe das Rochas1483 - 1486Óleo sobre táboa (Transferido a tea)199 x 122 cmMuseo do Louvre, ParísA maioría dos especialistas considérana como a primeira das dúas versións que existen sobre o mesmo tema. Enteiramente autógrafa segundo a maioría deles.
A dama do armiño1485Óleo sobre táboa54 x 39 cmMuseo Czartoryski, CracoviaQue a pintase Leonardo foi obxecto dun longo debate desde que, en 1889, se propuxera que el era o seu autor. A atribución do cadro Xenebra de Benci apoiou que esta obra tamén se dea como de Leonardo.[1]
Madonna Litta1490Óleo sobre táboa (transferida a lenzo)42 x 33 cmErmitage, San PetersburgoEn anos recentes, sobre a base dunha comparación estilística, algúns críticos (entre os que se atopan Carlo Pedretti, David A. Brown, Maria T. Fiorio e P. C. Marani) consideran que esta obra é produto do pincel de Giovanni Antonio Boltraffio.[4]
Retrato dun músico1490Óleo sobre táboa45 x 32 cmPinacoteca Ambrosiana, MilánDiscutida.
La Belle Ferronière1490 - 1495Óleo sobre táboa62 x 44 cmMuseo do Louvre, ParísDiscutida.
A última Cea1495 - 1497Pintura o fresco460 x 880 cmSanta Maria delle Grazie, MilánAceptada unanimemente como obra leonardesca e unha das súas principais realizacións.
A Virxe das Rochas1495 - 1508Óleo sobre táboa189,5 x 120 cmNational Gallery de LondresXeralmente aceptada como unha versión posterior á do Louvre. Realizada coa colaboración de Ambrogio de Predis e quizais outros. Mentres a data non é aceptada por todos, a colaboración do taller de Leonardo parece indiscutible.[1]
Sala delle Asse1498 - 1499Pintura ó frescoCastelo Sforzesco, MilánAceptada totalmente. Luca Beltrami fixo unha gran argumentación con documentos da época de Leonardo.[5]
Cartón de Burlington House1501 - 1505Carbón, xeso branco e negro en papel tinxido142 x 104,5 cmNational Gallery de LondresAceptada sen discusión.
Virxe do fuso1501Pintura ó óleo50,2 x 36,4 cmMuseo Soumaya, Cidade de MéxicoExisten tres versións, aparentemente feitas por artistas diferentes, quizais copias dun traballo perdido que se describiu que pertencía a Leonardo. O máis coñecido, propiedade do Duque de Buccleuch, foi roubado en 2003 e recuperado en 2007.[6]
A Gioconda1503 - 1506Óleo sobre táboa77 x 53 cmMuseo do Louvre, ParísAceptada sen discusión.
A Virxe, o Neno Xesús e Santa Ana1510 - 1513Óleo sobre táboa168 x 112 cmMuseo do Louvre, ParísAceptada sen discusión. No entanto, o seu estado de conservación é regular e sufriu restauracións severas.
Baco1510 - 1515Óleo sobre táboa, transferida a tea177 x 115 cmMuseo do Louvre, ParísEn xeral, está considerada como unha copia dun debuxo.[1]
San Xoán Bautista1513 - 1516Óleo sobre táboa69 x 57 cmMuseo do Louvre, ParísAceptación xeneralizada. O Anonimo Gaddiano, escribiu que Leonardo pintou un San Xoán. Considerada a última grande obra de Leonardo.[1]

Atribucións máis recentes editar

ImaxeTítuloAnoTécnicaDimensiónsLocalizaciónNotas
Tobías e o ánxel1470 - 1480Pintura ao temple sobre táboa83,6 x 66 cmNational Gallery de LondresUnha pintura de Verrocchio mentres Leonardo traballaba no seu taller. Martin Kemp suxire que Leonardo puido pintar algunha parte deste traballo, probablemente o peixe. David Alan Brown, da National Gallery de Washington, tamén lle atribúe o can.
Os santos infantes abrazándose1486 - 1490Diversas versións en coleccións privadas.Segundo Stephen Holmes, quen escribiu un libro The Lost Leonardo (2007), o consenso entre os expertos era que se trataba da mesma man que a de A Virxe das Rocas en Londres, e de igual calidade.
A Virxe e o Neno Xesús con San Xosé1472 - 1475Témpera sobre táboaDiámetro 87 cmGalería Borghese, RomaAtribuída previamente a Frei Bartolomeo. Logo dunha limpeza recente, a Galería Borghese propón a atribución como unha obra de mocidade de Leonardo, baseada na presenza dunha pegada digital similar a unha que aparece en A dama do armiño. Non hai acceso ao resultado da investigación.[7]
María MagdalenaTemple e óleo sobre táboaRecentemente foi atribuída a Leonardo por Carlo Pedretti. Con anterioridade, considerábase que era unha obra de Giampietrino, artista que pintara un certo número de Magdalenas.[8] Esta atribución a Leonardo non é aceptada por algúns especialistas como, por exemplo, Carlo Bertelli, ex director da Galería Brera de Arte en Milán, que ademais de opinar que non é de Leonardo, cre que o tema podería ser unha Lucrecia sen o coitelo.[9]
Cristo coa Cruzc.1500Óleo sobre táboaColección privada San FranciscoAtribuído previamente por Sotheby's a Gian Francesco de Maineri.[10][11] Atribuído a Leonardo polo seu actual propietario.[10] Recoñecemento baseado na similitud dos verdugos de Cristo nos debuxos realizados por Rubens da Batalla de Anghiari. Segundo a revista Forbes, o experto en pintura de Leonardo, Carlo Pedretti dixo que: «sabía de tres cadros similares e que os catro cadros, na súa opinión, son probablemente do traballo dos axudantes do taller de Leonardo e talvez ata o propio mestre».
Salvator Mundi1506-1513Óleo sobre nogalNational Gallery de LondresAtribuído

Obras perdidas editar

ImaxeTítuloAnoTécnicaDimensiónsLocalizaciónNotas
A batalla de Anghiari1505Fresco7 x 17 metrosMuseo do Louvre, ParísCopia de Peter Paul Rubens: xeso negro, pluma e tinta, pintado encima con acuarela. Medidas: 54,2 x 63,7 cm
Leda e o cisne1510 - 1515Témpera sobre táboa112 x 86 cmGalería Borghese, RomaCopia anónima conservada na Galería Borghese de Roma. Existen nove copias, entre elas a de Cesar Cesto (69,5 x73,7 cm) no Reino Unido.

Notas editar

  1. 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 della Chiesa, Angela Ottino (1967). Penguin, ed. The Complete Paintings of Leonardo da Vinci. ISBN 0-1400-8649-8. 
  2. Giorgio Vasari. Lives of the Artists, 1568; Penguin Classics, traducido por George Bull, 1965. ISBN 0-14-044164-6
  3. Arasse, Daniel (1997). Leonardo da Vinci. Konecky & Konecky. ISBN 1 56852 1987. 
  4. D. A. Brown, Madonna Litta, XXIX Lettura Vinciana, Florencia 1990
  5. Luca Beltrami, Leonardo da Vinci e la Sala «delle asse» nel Castello di Milano Milán (1902) p. 24
  6. "Arrests after da Vinci work found". BBC News. 4 de outubro de 2007. Consultado o 22-02-2008. 
  7. Arie, Sophie (16 de febreiro de 2005). The Guardian, ed. "Fingerprint puts Leonardo in the frame". Consultado o 27-09-2007. 
  8. Universal Leonardo (ed.). "A lost Leonardo? Top art historian says maybe". Consultado o 27-09-2007. 
  9. Bertelli, Carlo (19 de novembro de 2005). Il Corriere della Sera, ed. "Due allievi non fanno un Leonardo" (en Italian). Arquivado dende o orixinal o 26 de setembro de 2007. Consultado o 27-09-2007. 
  10. 10,0 10,1 Stephane Fitch DaVinci's Fingerprints, 12.22.03 dataacceso 7 July 2009. Martin Kemp, o experto en pegadas dixitais de Leonardo, non examinara a pintura cando se redactou o artigo.
  11. Unha imaxe similar sen os verdugos, atópase no Museo Hermitage, San Petersburgo. [1] Arquivado 18 de febreiro de 2020 en Wayback Machine. (en inglés)