Betty Friedan

Betty Friedan, nada co nome de Betty Naomi Goldstein en Peoria (Illinois) o 4 de febreiro de 1921 e finada en Washington DC o 4 de febreiro de 2006, foi unha escritora estadounidense, coñecida por ser a autora de The Feminine Mystique, obra de referencia do movemento feminista e unha destacada activista na loita pola igualdade de xéneros.

Infotaula de personaBetty Friedan

(1960) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento4 de febreiro de 1921 Editar o valor em Wikidata
Peoria, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Morte4 de febreiro de 2006 Editar o valor em Wikidata (85 anos)
Washington, D.C., Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Insuficiencia cardíaca Editar o valor em Wikidata)
Datos persoais
ResidenciaGeorgetown Retirement Home (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónSmith College
Esalen Institute (pt) Traducir
Universidade de California en Berkeley
Peoria High School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista , socióloga , activista polos dereitos das mulleres , escritora , psicóloga Editar o valor em Wikidata
Membro de
MovementoPró-escolha (pt) Traducir e feminismo Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Premios

Musicbrainz: 283a2925-6b80-4c04-b4f2-f56759c85365 WikiTree: Goldstein-1414 Find a Grave: 13223958 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Nada nunha familia de orixe xudía, viviu en Nova York e, máis tarde, trasladouse a Santa Mónica (California). Licenciouse summa cum laude no Smith College, en 1942. Estudou psicoloxía na Universidade de California, Berkeley, e traballou como redactora para Federated Press (1943-1946) e para a EU News (1946-1952), ambos os dous relacionadas co mundo sindical. En Nova York, coñeceu Carl Friedan, produtor e executivo dunha axencia de publicidade co que casou en 1947. O matrimonio tivo tres fillos e en 1969 divorciáronse.[1]

The Feminine Mystique editar

En 1952, cando estaba esperando o seu segundo fillo, Betty foi despedida do seu posto de traballo. Dedicouse a partir de entón a coidar da familia, mentres facía algúns traballos como xornalista freelance. Grazas a un encargo do Smith College, fixo un cuestionario ás súas antigas compañeiras de estudo e descubriu que compartía coa maioría das mulleres a insatisfacción pola vida que levaba. Fixo un artigo sobre o tema que ningún medio quixo publicar e, a continuación, decidiu facer un libro. Fixo máis enquisas, consultou especialistas e demorou cinco anos en escribir o libro. The Feminine Mystique foi publicado en 1963. Analizaba o papel das mulleres de clase media convertidas en amas de casa sen recursos propios. Defendía que a mística feminina é unha forma de enganar as mulleres e que as mulleres deben buscar os seus propios obxectivos, independentemente dos maridos e fillos, sen se sentir culpábeis. O libro foi galardoado co premio Pulitzer no ano 1964 e tornouse nun best-séller e un referente para o movemento feminista.[2][3]

Activismo editar

En 1966 fundou a National Organization for Women (NOW), unha organización onde se integraron diversos colectivos feministas. En 1969 fundou a National Association for the Repeal of Abortion Laws, máis tarde coñecida como Naral Pro-Choice America. Tamén participou na creación do National Women Political Caucus (NWPC), en 1971. O seu activismo foi criticado polas súas reticencias para darlles apoio as reivindicacións das minorías raciais e das lesbianas, que non foi incluído no movemento feminista ata 1978.[2]

Últimos traballos editar

Betty Friedan colaborou con numerosos artigos en diversos medios de comunicación. En 1981, escribiu The second stage, un traballo no que defende unha maior colaboración entre homes e mulleres, o que comportou críticas por parte de sectores feministas. Outros libros destacados desta autora son: The fountain of age e Life so far. Morreu, en Washington DC, o 4 de febreiro de 2006, o día en que cumpría 85 anos.

Algunhas das súas obras foron censuradas no Estado Español durante o franquismo.[4]

Obra editar

  • The Feminine Mystique (1963).
  • It Changed My Life: Writings on the Women's Movement (1976).
  • The Second Stage (2000).
  • The Fountain of Age (1993).
  • Beyond Gender (1997).
  • Life So Far (2000).

Notas editar

  1. Guerra, María José (2006). Nobel, ed. 20 pensadoras del siglo XX. Oviedo. pp. 171–189. (en castelán)
  2. 2,0 2,1 Kaplan, Marion. Jewish Women's Archive, ed. "Betty Friedan". Consultado o 1 de marzo de 2018. (en inglés)
  3. Biografías y Vidas. La enciclopedia biográfica en línea (ed.). "Betty Friedan". Consultado o 1 de marzo de 2018. (en castelán)
  4. Godayol, Pilar (2017). Comares, ed. Tres escritoras censuradas: Simone de Beauvoir, Betty Friedan y Mary McCarthy (en Castelán). Granada. ISBN 978-84-9045-489-3. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar