Bandar Lampung

Bandar Lampung é unha cidade de Indonesia e capital da provincia indonesia de Lampung, na illa e rexión de Sumatra. Foi fundada baixo o nome de Tanjungkarang-Telukbetung, os dous poboados que formaron a cidade. No ano 1986 rebautizouse co nome Kota Bandar Lampung (Cidade de Bandar Lampung). É a principal entrada á illa de Sumatra para xente procedente da illa de Xava. Especialmente antes da construción do importante porto na cidade de Bakauheni, ao sur de Bandar Lampung. A cidade conta co Aeroporto Radin Inten II no noroeste, que é un aeroporto nacional con voos cara a Iacarta.

Modelo:Xeografía políticaBandar Lampung
Imaxe

Lema«Ragom Gawi» Editar o valor em Wikidata
Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 5°25′46″S 105°15′45″L / -5.4294, 105.2625Coordenadas: 5°25′46″S 105°15′45″L / -5.4294, 105.2625
EstadoIndonesia
ProvinciaLampung (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Capital de
Lampung (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación1.166.761 (2015) Editar o valor em Wikidata (6.895,34 hab./km²)
Xeografía
Superficie169,21 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude15 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Creación17 de xuño de 1682 Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal35154 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico721 Editar o valor em Wikidata

Páxina webbandarlampungkota.go.id Editar o valor em Wikidata
Rúa "Ikan Hiu"

Transporte

editar

O Aeroporto Radin Inten II (TGK) é o principal aerodromo da cidade. Situado nas aforas, pódese acceder mediante minibuses e autobuses do transporte público.

Aeroporto Radin Inten II

Transporte pola estrada

editar

Bandar Lampung ten varias opcións alternativas para o transporte. Unha delas é o minibús Angkot (abreviatura de Angkutan Kota, traducido literalmente por Transporte de cidade). Serven varias liñas, operados privadamente e baratos. Polo xeral, un minibús Angkot cobre a área entre Tanjung Karang (centro de Bandar Lampung) e o sector urbano. Un Angkot cobre estas liñas:

  • Tanjung Karang - Garuntang
  • Tanjung Karang - Teluk Betung
  • Tanjung Karang - Rajabasa
  • Tanjung Karang - Sukarame
  • Tanjung Karang - Langkapura

e moitos máis.

En outubro de 2011, a oficina de transporte de Bandar Lampung anunciou dúas liñas de Autobús de tránsito rápido.

Educación

editar
Universidade "Bandar Lampung"

No ano 2009, Bandar Lampung tiña unha taxa de alfabetización do 94,3%, mais comparado co ano 2005, que tiña unha taxa de alfabetización do 93,5%. Así e todo, a taxa de participación na escola secundaria seguiu descendendo de 69,2% (2007) ao 61,4% (2009).

Universidade "Malahayati"

En Bandar Lampung hai notables universidades e institutos como SMP Negeri 2 Bandar Lampung (público), SMA Negeri 9 Bandar Lampung (público), SMA Negeri 2 Bandar Lampung (público), SMA Fransiskus Bandar Lampung (privado), Universidade Lampung (público, coñecido localmente como Unila), Bandar Lampung University (privado, coñecida localmente como UBL) e Malahayati University (privado). En marzo de 2011, a Unila tiña 70 866 alumnos.

Cidades irmandadas

editar