Antivirus
Un antivirus é unha aplicación informática que ten coma obxectivo detectar e limpar programas malintencionados e virus do equipo no que estea instalado.
A actividade dun antivirus é de dous tipos:
- Prevención: trátase de prever a instalación de virus no equipo. Ó estar conectados á rede isto faise máis importante.
- Limpeza: cada certo período de tempo (antes definido) ou trala petición do usuario, o antivirus revisa o sistema en busca de programas malintencionados, coa intención de illalos e eliminalos.
Tipos de antivirus editar
Existen dous tipos de software antivirus:
- Antivirus residentes: os máis comúns e complexos. Vixían o sistema constantemente, na busca de intrusións.
- Antivirus baixo demanda: só analizarán o sistema (ou partes deste), trala petición do usuario de facelo.
Tipos de programas malintencionados editar
- Virus: programas coa intención de facer dano (borrar discos duros, sobrecargar o sistema etc.).
- Dialers: prexudicial nas conexións a Internet por módem telefónico. Fai que conectemos o servizo a través de números de tarificación adicional, no canto de polo número do noso provedor.
- Spyware: aplicacións que espían o noso sistema. Normalmente tratarase de cookies malignas que permiten, ó entrar en certas páxinas, que outras persoas vexan información persoal do noso ordenador.
- Troianos: código malicioso engadido a un programa orixinal. Diferénciase do virus en que este é un programa por si mesmo, que suplanta ó orixinal.
- Vermes: virus especialmente deseñados para as redes, coa particularidade de poderse autoduplicar.
Evolución editar
Cada día, os virus fanse máis perigosos. O que antes era unha serie de programas coa intención de facer dano, agora convértense en ferramentas coas que atopar información confidencial, suplantar a persoas lexítimas etc. Coa interconexión total que estamos vivindo e o intercambio constante de información, a propagación destes programas é moito máis doada. Pero tamén o é a obtención dun programa antivirus (temos no mercado multitude de antivirus gratuítos e de pago) e unha actualización constante destes.
Véxase tamén editar
Ligazóns externas editar
🔥 Top keywords: Crispín d'OlotPortadaMaría JamardoEspecial:ProcurarManuel Otero MartínezCarles PuigdemontEspecial:Cambios recentesXosé Manuel PiñeiroRicardo PitaLista de xentilicios de concellos galegosCarlos MourizWikipedia:Entradas de Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXIBegoña VillacísAWStatsAltruísmo recíprocoXosé Manuel PereiroPartido GalegoAgora RepúblicasProxyEva Iglesias MiguénsSegunda guerra mundialAbraham CupeiroMarcos PereiroGaliciaPartido Comunista dos Traballadores de EspañaÁreas lingüísticas do galegoAlfonso Daniel Rodríguez CastelaoColocación do pronome átono en galegoCanle (enxeñaría)XHamsterCanle (comunicación)Tonhito de PoiConcepción BurgoAgustín Fernández PazLuísa VillaltaWikipedia:Advertencia xeralCabovila, Calo, TeoWikipedia:AxudaElvira Fernández Balboa