Acuicultura
A acuicultura (do latín aqua: auga; e -cultura: cultivo) é a cría ou cultivo de organismos acuáticos[1], especialmente peixes, crustáceos, moluscos e algas, destinados á alimentación humana ou animal. Tamén se pode dedicar á produción de especies ornamentais para a acuariofilia, ou o cultivo de especies para a posterior elaboración de materias primas para a industria, repoboación e conservación de especies ameazadas, produción de perlas etc.
Produción editar
Dous terzos da produción mundial corresponden a China. Segundo datos da Xunta de Galicia no ano 2002 había en Galicia 3.537 bateas, 1.200 parques de cultivo, 17 granxas mariñas, 37 granxas continentais e 5 criadeiros, cunha produción total de 267.000 toneladas (256.000 de mexillón) [Cómpre referencia].
Tipos de cultivos acuícolas editar
- Acuicultura mariña: cultivo de especies mariñas, tanto de peixes, crustáceos ou moluscos (como o mexillón ou o polbo). Ten unha grande importancia económica e, no caso de moitas especies, a produción de cultivo case substituíu por completo as capturas pesqueiras.
- Acuicultura de moluscos bivalvos: é o cultivo de ameixas, mexillóns, ostras, vieiras e outros moluscos bivalvos de grande importancia económica.
- Miticultura: é o cultivo do mexillón en bateas.
- Ostricultura: é o cultivo das ostras.
- Camaronicultura: é o cultivo das diferentes especies de camaróns que se leva a cabo en zonas costeiras.
- Salmonicultura: é o cultivo das diferentes especies de salmónidos.
- Acuicultura de moluscos bivalvos: é o cultivo de ameixas, mexillóns, ostras, vieiras e outros moluscos bivalvos de grande importancia económica.
- Acuicultura de auga doce:
- Carpicultura: é o cultivo da carpa e outros Ciprínidos, especies de auga doce non tropical.
Notas editar
- ↑ Robert R. Stickney Aquaculture: an introductory text. CABI, 2005, páxina 1
Véxase tamén editar
Outros artigos editar
Ligazóns externas editar
🔥 Top keywords: PortadaEspecial:ProcurarXosé Manuel PiñeiroMaría JamardoEspecial:Cambios recentesJSONAgora RepúblicasCarles PuigdemontPartido GalegoWikipedia:Entradas de Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXIAWStatsSegunda guerra mundialJohn Langdon DownDa chven vitsek'vetMarta VillarPobo romanésHerdanza epixenética transxeneracionalGod's Own CountryGaliciaAbel ToméLista das aves de GaliciaPartido Comunista dos Traballadores de EspañaWikipedia:Acerca deWiki HowWikipedia:AxudaIván FerreiroShinovaPosicións sexuaisManuel Otero MartínezAna Miranda PazWikipedia:Portal da comunidadeWikipedia:Artigos de calidadeA CoruñaMúsica tradicional galegaVigoEva Iglesias MiguénsFrancisco Porto MellaFederico García LorcaElvira Fernández Balboa