Fosa abisal

(Redirección desde «Abisal»)

Unha fosa abisal ou fosa submarina é unha depresión longa, profunda e estreita no fondo oceánico. Caracterízase pola falta de luz e correspóndese con profundidades superiores ós 2.000 ou 6.000 metros, chegando ata os 11.000 metros. A súa fauna ten que soportar as presións inmensas das profundidades do océano. Estas rexións caracterízanse tamén polo frío continuo e a escaseza de alimentos.

Principais fosas submarinas

editar
Fosa oceánicaLocalizaciónProfundidade (m)
Fosa Challenger ou das MarianasPacífico (S Illas Marianas)11.033
Fosa de TongaPacífico (NE Nova Celandia)10.822
Fosa do XapónPacífico (leste do Xapón)10.554
Fosa das Kuriles o de KamchatkaPacífico (S Illas Kuriles)10.542
Fosa de MindanaoPacífico (E Illas Filipinas)10.497
Fosa de KermadecPacífico (NE Nova Celandia)10.047
Fosa de Porto RicoAtlántico (E Porto Rico)9.200
Fosa de BougainvillePacífico (E Nova Guinea)9.140
Fosa das Sandwich do SurAtlántico (E Illas Sandwich)8.428
Fosa do Perú-Chile ou Fosa de AtacamaPacífico (O do Perú e Chile)8.065
Fosa das AleutianasPacífico (S Illas Aleutianas)7.822
Fosa das CaimánMar Caribe (S Cuba)7.680
Fosa de XavaÍndico (S Illa de Xava)7.450
Fosa de Cabo VerdeAtlántico (O Illas Cabo Verde)7.292

 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.