Abella carpinteira

especie de insecto

A abella carpinteira[1][2] (Xylocopa violacea) é un abellón, facilmente recoñecible pola súa cor negra e o seu voo rápido. Aparece cando o sol comeza a quentar, ás veces en febreiro, e aliméntase dunha ampla variedade de flores para se fornecer de néctar antes de entrar en hibernación a fins do verán. A femia fai o seu niño nas árbores mortas.

Notas

editar
  1. "abella". Diciopedia do século 21 1. Edicións do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. p. 24. 
  2. Nalgúns lugares, como Vilanova dos Infantes, tamén se coñece coa forma onomatopeica tueta.Dicionario de dicionarios