Aalborg Boldspilklub

O Aalborg Boldspilklub, tamén coñecido como Aalborg BK ou AaB, é un club polideportivo de Dinamarca, da cidade de Aalborg. Foi fundado en 1885 e posúe seccións de fútbol, hóckey sobre xeo e balonmán, todas elas competindo en máxima categoría das respectivas ligas do seu país.

Aalborg BK
NomeAalborg Boldspilklub
Fundación13 de maio de 1885
EstadioEnergi Nord Arena,
Aalborg, Dinamarca Dinamarca
Inauguración1960
Capacidade16 000
PresidenteDinamarca Lynge Jakobsen
Adestrador Martin Jol
LigaSAS Ligaen
2009-10
Na rede
http://www.aabsport.dk/
Titular
Alternativo

Fútbol

editar

A sección de fútbol do Aalborg Boldklub creouse, como equipo afeccionado, en 1902. A tempada 1928/29 debutou na primeira división da liga danesa, e mantívose no máximo nivel ata 1947. Regresou á máxima categoría en 1963 e mantívose nela desde entón, salvo algún breve paréntese xogar en segunda división (1972, 1978 e 1981-1986).

En 1966 logrou o seu primeiro título, a Copa de Dinamarca, tras superar ao KB por 3-1 na prórroga. Repetiría final ao ano seguinte, aínda que nesa ocasión superoulle pola mínima o Randers Freja. Tan só tres anos despois, en 1970, conquistaba a súa segunda copa derrotando por 2-1 ao Lyngby BK na final.

A tempada 1994/95 gañou o seu primeiro título de liga. O equipo estaba dirixido por Poul Erik Andreasen e tiña como xogador máis destacado ao dianteiro Erik Bo Andersen, que foi máximo goleador da liga con 24 tantos. O título permitiu tamén ao AaB debutar na Liga de Campións da seguinte tempada. Aínda que inicialmente o Aalborg foi eliminado na primeira rolda polo Dinamo de Kíiv, posteriormente foi repescado tras a descualificación do club ucraíno, implicado nun escándalo de subornos. Deste xeito, o Aalborg converteuse no primeiro club danés en participar na fase de grupos da Liga de Campións da UEFA. A pesar de lograr unha vitoria por 2-1 sobre o Panathinaikos FC (equipo que logo chegaría ata semifinais) e un empate ante o campión portugués, o Porto, o Aalborg acabou último do seu grupo e foi eliminado.

A pesar da marcha da súa maior promesa, Jesper Grønkjær, o verán de 1998, a tempada 1998/99 o AaB proclamouse novamente campión da SAS Ligaen. O equipo estaba dirixido polo técnico sueco Hans Backe e tiña como xogadores máis destacados ao porteiro Jimmy Nielsen, o medio Stålle Solbakken e o dianteiro Søren Frederiksen, máximo goleador do equipo con 17 goles. Esa mesma tempada quedou ás portas do dobrete, ao perder a final de copa por 2-1 ante o AB.

Desde entón e ata a data a súa mellor actuación ligueira foi un terceiro posto logrado a tempada 2006/07, na que se destacou o seu dianteiro sueco Rade Prica, máximo anotador da competición.

Na tempada 2007/2008 conseguiu alzarse de novo coa SAS Ligaen e conseguir o seu terceiro título ligueiro.

Xogadores

editar

Cadro 2009/10

editar

Actualizado a 22 de setembro de 2009.

PostoPaísXogador
1POR Karim Zaza
2DEF Michael Jakobsen
3DEF Kjetil Wæhler
5DEF Kenneth Emil Petersen
6MED Louay Chanko
7MED Anders Due
8MED Andreas Johansson
10DIA Jeppe Curth
11DIA Daniel Fredheim Holm
14MED Rasmus Würtz
15MED Dennis Marshall
16DEF Kasper Bøgelund
17DIA Chris Rolfe
PostoPaísXogador
19DIA Marcus Tracy
20DIA Henrik Dalsgaard
24DEF Jens-Kristian Sørensen
25DEF Michael Sten
26DEF Jakob Ahlmann Nielsen
27MED Patrick Kristensen
28MED Emil Haucke
29POR Abbas Hassan
30MED Mathias Wichmann
31DEF Lasse Nielsen
32DIA Ronnie Schwartz
36MED Daniel Christensen

Palmarés

editar

Torneos nacionais

editar

Ligazóns externas

editar
🔥 Top keywords: