21 horas en Munich
Filme de 1976 dirixido por William A. Graham
21 horas en Munich (en inglés: 21 Hours at Munich) é un telefilme estadounidense dirixido por William A. Graham que se estreou en 1976. Baséase no libro The Blood of Israel de Serge Groussard[1] e conta os eventos reais ocorridos no masacre de Múnic.[2] Foi emitido pola canle ABC o 7 de novembro de 1976.[3] Malia a súa orixe televisiva, o filme foi estreado nos cines de varios países.
21 horas en Munich | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | 21 Hours at Munich |
Director | William A. Graham |
Produtor | Robert Greenwald Frank von Zerneck |
Guión | Edward Hume Howard Fast |
Baseado en | The Blood of Israel de Serge Groussard |
Intérpretes | William Holden |
Música | Laurence Rosenthal |
Fotografía | Jost Vacano |
Montaxe | Ronald J. Fagan |
Distribuidora | United Artists |
Estrea | 7 de novembro de 1976 6 de xullo de 1992 (TVG) |
Duración | 101 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Drama |
Na rede | |
Estreouse en galego o 6 de xullo de 1992 a través da TVG.[4]
Personaxes editar
- William Holden como Xefe de Policía Manfred Schreiber
- Franco Nero como Luttif Afif, alias Issa
- Shirley Knight como Anneliese Graes
- Anthony Quayle como Xeneral Zvi Zamir
- Richard Basehart como Chanceler Willy Brandt
- Noel Willman como Bruno Merk
- Georg Marischka como Hans-Dietrich Genscher
- Walter Kohut como Feldhaus
- Jan Niklas como Axudante de Schreiber
- David Hess como Berger
- Paul L. Smith como Gutfreund
- Hartmut Becker como Mattes
Notas editar
- ↑ Jerry Roberts (2009). Encyclopedia of Television Film Directors. Scarecrow Press, 2009. ISBN 0810861380.
- ↑ Rick Talley (28 de outubro de 1976). "'21 Hours' relives Munich agony". Chicago Tribune. Consultado o 30 de xullo de 2012.[Ligazón morta]
- ↑ Bill Carter (5 de novembro de 1976). "Munich docu-drama powerful, but why put it on opposite 'GWTW'?". The Sun. Consultado o 30 de xullo de 2012.[Ligazón morta]
- ↑ "Programación da TVG". ABC. 6 de xullo de 1992. Consultado o 11 de outubro de 2017.
Véxase tamén editar
Ligazóns externas editar
- 21 horas en Munich na IMDb (en inglés).
🔥 Top keywords: PortadaPartido GalegoAgora RepúblicasAlvise PérezEspecial:ProcurarPartido Comunista dos Traballadores de EspañaJSONEspecial:Cambios recentesMaría JamardoDaniel BasteiroCarles PuigdemontAna PeleteiroCategoría:RomaníaRafael NadalAna Miranda PazIván FerreiroBjörn BorgBloque Nacionalista GalegoWikipedia:Entradas de Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXIProxyMarta DarribaEleccións ao Parlamento Europeo de 2024Ursula von der LeyenXosé Manuel PiñeiroLista de xentilicios de concellos galegosSegunda guerra mundialLista das aves de GaliciaAWStatsGaliciaPosicións sexuaisWikipedia:Acerca deGrand Slam (tenis)Dicionario da Real Academia GalegaGalipediaPatricia Ferreira MañáÁstor GarcíaMarta VillarFrente Obrero (España)Pernando Barrena