Ácido miristoleico

composto químico

O ácido miristoleico [2] ou ácido 9-tetradecenoico é un ácido graxo monoinsaturado omega-5 coa fórmula CH3(CH2)3CH=CH(CH2)7COOH. Ten 14 carbonos e un dobre enlace de tipo cis no 9º carbono (ou no 5º empezando polo final da cadea), polo que o seu número lipídico é C14:19 (ou C14:1n-5). Biosintetízase a partir do ácido mirístico por acción do encima delta-9 desaturase, pero é pouco común na natureza.[3] Unha das maiores fontes deste ácido graxo é o aceite das sementes das plantas da familia Myristicaceae, xa que este ácido supón ata o 30% do aceite dalgunhas das especies.[4][5] Tamén se encontra en graxas animais.

Ácido miristoleico.
Nome IUPAC: ácido (Z)-tetradec-9-enoico.
Outros nomes: ácido 9-tetradecenoico; ácido 9-cis-tetradecenoico; ácido cis9-tetradecenoico; ácido miristolénico; ácido oleomirístico [1].
Número CAS: 544-64-9.

Os extractos da planta Serenoa repens (da familia das palmas, Arecaceae) mostran propiedades apoptóticas e necróticas contra o cancro de próstata, e un dos principais compoñentes que exhiben este efecto citotóxico identificados no extracto é o ácido miristoleico.[6][7]

Os seus sales e ésteres denomínanse miristoleatos. Suxeriuse que o cetil éster do ácido miristoleico (cetil miristoleato) ten propiedades biolóxicas como antiinflamatorio, alivia a dor, e é un modulador do sistema inmunitario [8]

Notas editar

  1. PuBChem compound Myristoleic acid
  2. ChemSpider Myristoleic acid
  3. Myristoleic acid Arquivado 17 de marzo de 2012 en Wayback Machine. at Lipomics.com
  4. Claude Leray. Introduction to Lipidomics: From Bacteria to Man. Google books.[1]
  5. Monoenoic acids in foods Arquivado 23 de outubro de 2012 en Wayback Machine. at CyberLipid.org
  6. Iguchi K, Okumura N, Usui S, Sajiki H, Hirota K, Hirano K. Myristoleic acid, a cytotoxic component in the extract from Serenoa repens, induces apoptosis and necrosis in human prostatic LNCaP cells. Prostate. 2001 Apr;47(1):59-65. PMID 11304730
  7. CHEBI Myristoleic acid
  8. Hunter KW Jr, Gault RA, Stehouwer JS, Tam-Chang SW. Synthesis of cetyl myristoleate and evaluation of its therapeutic efficacy in a murine model of collagen-induced arthritis. Pharmacol Res. 2003 Jan;47(1):43-7. PMID 12526860.