Ácido lignocérico

composto químico

O ácido lignocérico[1][2] ou ácido tetracosanoico[3] é un ácido graxo saturado de 24 carbonos coa fórmula C23H47COOH. Encóntrase no alcatrán derivado da madeira (obtido da destilación seca da madeira de piñeiro), forma parte de varios cerebrósidos, e aparece en pequenas cantidades na maioría das graxas naturais. O aceite de cacahuete contén pequenas cantidades de ácido lignocérico (1,1% – 2,2%).[4] Este ácido graxo é tamén un subproduto da produción de lignina. O seu punto de fusión é de 84,2 °C[4]

Ácido lignocérico
Identificadores
Número CAS557-59-5
PubChem11197
ChemSpider10724
KEGGC08320
ChEBICHEBI:28866
ChEMBLCHEMBL1173620
Imaxes 3D JmolImage 1
Propiedades
Fórmula molecularC24H48O2
Masa molecular368,63 g/mol
Punto de fusión842 °C; 1 548 °F; 1 115 K
Compostos relacionados
Ácido graxo relacionadosácido behénico (C22:0)
ácido cerótico (C26:0)

Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa.

A redución do ácido lignocérico rende lignoceril alcohol.

Notas editar