Shalom
Shalom (en lingua hebraica שָׁלוֹם, xeralmente traducido como paz) significa paz entre dúas entidades (xeralmente dúas nacións) ou a paz interior dun individuo. Tamén é utilizada como cumprimento dentro da comunidade xudía, á semellanza do salaam árabe.
Etimoloxía editar
A palabra shalom deriva da raíz ש-ל-ם, que nas linguas semíticas aparece co sentido de ser completo, ser cheo ou ser pleno, aparecendo en diversos textos co sentido de paz, salvación e prosperidade de individuos e nacións.
Expresións editar
Dentro da lingua hebraica, a palabra shalom é utilizada en diversas expresións:
- Shalom aleikhem (שָׁלוֹם עֲלֵיכֶם; literalmente "a paz sobre vós"), é a expresión completa do uso de shalom cando cumprimento, e é cognato ao árabe Assalamu Aleikum. A resposta a esta expresión é Aleikhem shalom.
- Shabbat shalom (שַׁבָּת שָׁלוֹם) cumprimento común usado no Shabat, sendo moi utilizado en comunidades Mizrahi, Sefaradi e en Israel. Algunhas comunidades asquenací empregan o termo yiddish Gut shabbes.
- Alav hashalom (עַלָיו הַשָּׁלוֹם; literalmente "sobre el a paz") é unha expresión usada nalgunhas comunidades xudaicas após mencionar o nome dunha persoa respectábel, equivalente ao árabe alayhi is-salaam).
Nomes editar
Shalom é xeralmente utilizado como nome ou raíz de nomes dentro da comunidade xudaica, tendo como exemplo o rei Shlomo ou Salomón (שלומה).
Persoas coñecidas co nome de Shalom:
- Silvan Shalom (político), e súa esposa Judy Shalom Nir-Mozes.
- Sholom Aleichem (escritor yiddish).
- Shalom Harlow (modelo e actriz).
- Shalom Carmy (rabino).
- Shalom Shachna (rabino).
- Yosef Shalom Eliashiv (rabino).
🔥 Top keywords: Crispín d'OlotPortadaEspecial:ProcurarBorussia DortmundCarles PuigdemontJosé Benito Suárez CostaEspecial:Cambios recentesCarlo AncelottiWembley StadiumJoselu MatoBulgariaCohesiónDani CarvajalToni KroosSelección de fútbol de GaliciaLenny KravitzLucas VázquezGolpe en HawaiJude BellinghamFlorentino PérezPartido GalegoAWStatsLiga de Campións da UEFASegunda guerra mundialMaría Antonia Álvarez YáñezXHamsterNordés (vento)Lucía VarelaMichelle Clemente EscotetCanle (enxeñaría)Pet Shop BoysPosicións sexuaisMemorias de ÁfricaCanle (comunicación)Thibaut CourtoisWikipedia:Advertencia xeralEleccións ao Parlamento Europeo de 2024Luísa VillaltaTaiwán