Rosalía Fernández Rial
escritora galega
Rosalía Fernández Rial, nada en Muxía o 30 de maio 1988, é unha escritora galega.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 30 de maio de 1988 (36 anos) Carballo, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Campo de traballo | Belas letras e poesía |
Lugar de traballo | Galicia |
Ocupación | poetisa , escritora |
Lingua | Lingua castelá e lingua galega |
Obra | |
Obras destacables
| |
Traxectoria editar
Licenciada en Filoloxía e Doutora en didáctica das linguas e expresión dramática pola Universidade de Santiago de Compostela. Estudou e toca o acordeón, fai teatro e, sobre todo, escribe. A súa tese de doutoramento presentada na USC é Expresión dramática e teatral para a clase de linguas no ensino secundario[1].Forma parte do grupo musical Chicharrón.
Obras editar
Poesía editar
- En clave de sol. Poemario musical (2009). Asociación Cultural Lumieira.
- Átonos. Poemario sensorial (2011). Asociación Cultural Lumieira.
- Vinte en escena (2012). Positivas.
- Ningún amante sabe conducir (2014). Positivas.[2]
- Contra-acción (2016). Neopàtria.
- SACAR a BAILAR. Poesía reunida (2009-2016) (2016). Sial-Pigmalión. Edición bilingüe galego-castelán.
- Árbores no deserto (2020). Galaxia. Ilustracións de María Xosé Costa Valiño (Chiña). 124 páxs. ISBN 978-84-9151-470-1.[3] Publicados en Grial algúns dos poemas do libro.[4][5][6]
- Desnortada (2021). Espiral Maior, Col. Poesía Alba Longa. CD con 8 poemas con voz da propia autora e composición musical e interpretación (acordeón) de María Álvarez Santiago.
Ensaio editar
- Aulas sen paredes (2016). Positivas. Estudo teórico-práctico derivado da Tese de Doutoramento sobre o uso da expresión dramática e teatral como ferramentas pedagóxicas para as aulas de linguas.
- "Medrar é aprender a fuxir das dictaduras. Unha proposta alén das lecturas obrigatorias" (2020). En Grial, 228, tomo LVIII. pp. 136-139.
- Mover ficha. Proposta didáctica para as aulas de linguas e literatura (2024). Vigo: Galaxia. 272 páxs. ISBN 9788411762052.
Narrativa editar
- Bonus Track (2018). Galaxia, ISBN 978-84-9151-154-0, 164 p.[7]. Libro de relatos tecido con letras de cancións[8].[9]
Obras colectivas editar
- Follas de Carballo, 2011, Asociación Cultural Lumieira.
- Un mar de sensacións. Rutas e poemas para descubrir a Costa da Morte (2012)., con Xan Fernández Carrera, Seminario de Estudos Comarcais da Costa da Morte.[10]
- Versos no Olimpo. O Monte Pindo na poesía galega, 2013, Toxosoutos.
- Versus cianuro. Poemas contra a mina de ouro de Corcoesto, 2013, A. C. Caldeirón.
- Contos de taberna, 2014, Edicións Embora.
- 150 Cantares para Rosalía de Castro, 2015, libro electrónico.
- Catálago, libro-catálogo de obra plástica e poesía, con Paco Souto, Mon Lendoiro e Chiña.
- Pico Sacro. Ferido polo lóstrego e a lenda, 2017, Alvarellos.
- O libro dos libros (2018, Galaxia), co relato "Sherezade tras o espello".[11]
- Arrincando marcos 2019 (Positivas, 2019).
- Entre donas (2020). Baía Edicións. 208 páxs. ISBN 9788499953427. Dez relatos de escritoras galegas actuais colocando as mulleres no centro da historia.[12]
Premios editar
- Premio á mellor iniciativa bibliográfica da II Gala do Libro Galego no 2017, por Aulas sen paredes.
- O seu poema A reflexión foi Premio aRi[t]mar 2021, convocado pola Escola Oficial de Idiomas de Santiago con apoio de institucións de Galiza e Portugal.[13]
- Premio Vidal Bolaño 2024 por Fóra de campo.[14]
Notas editar
- ↑ "Catálogo Iacobus". USC. Consultado o 30/05/2018.
- ↑ Eyré, Xosé Manuel. "O amor, en road movie". Galicia Confidencial. Consultado o 2020-06-29.
- ↑ "Árbores no deserto". Editorial Galaxia. Consultado o 2020-06-29.
- ↑ Fernández Rial, Rosalía (Xaneiro-xuño, 2020). "Árbores no deserto". Grial. LVIII (225, 226): 64–67. ISSN 0017-4181.
- ↑ Nicolás, Ramón (2020-09-12). "Árbores no deserto, de Rosalía Fernández Rial". Caderno da crítica. Consultado o 2020-09-13.
- ↑ Nogueira, María Xesús (Outubro, novembro, decembro 2020). "Emprestar a voz". Revista Grial. LVIII: 101, 102. ISSN 0017-4181.
- ↑ "Ficha do libro na editorial". Editorial Galaxia. Consultado o 16/05/2018.
- ↑ "«Bonus track», de Rosalía Fernández, ya de camino hacia las librerías". La Voz de Galicia. Consultado o 16/05/2018.
- ↑ Xmeyre, ~ (2018-05-02). "crítica de BONUS TRACK (Rosalía Fernández Rial, Galaxia)". Ferradura en Tránsito II. Arquivado dende o orixinal o 29 de xuño de 2020. Consultado o 2020-06-29.
- ↑ ""O pulso das túas rochas quebra ritmos cotiáns"". Praza Pública. 2012-05-29. Consultado o 2020-06-29.
- ↑ "O libro dos libros". editorialgalaxia.gal. Consultado o 05/12/2018.
- ↑ Xmeyre, ~ (2020-11-18). "a propósito de ENTRE DONAS, varias autoras, en Baía.". Ferradura en Tránsito II. Arquivado dende o orixinal o 17 de xaneiro de 2021. Consultado o 2021-01-22.
- ↑ "Un poema de Rosalía Fernández Rial e outro de Márcia, elixidos os mellores de Galicia e Portugal do ano 2020". La Voz de Galicia. 2021-05-10. Consultado o 2021-05-11.
- ↑ Rosalía Fernández Rial obtén o VII Premio Vidal Bolaño
Véxase tamén editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Rosalía Fernández Rial |
Ligazóns externas editar
- Páxina web da autora
- Entrada na AELG
- Artigos en Praza Pública
- Perfil en As escollas electivas
- "A relación entre a música e a literatura aínda ten campos por explorar" Arquivado 30 de abril de 2018 en Wayback Machine., entrevista en Sermos Galiza, 30 de abril de 2018.
🔥 Top keywords: Crispín d'OlotPortadaMaría JamardoEspecial:ProcurarManuel Otero MartínezCarles PuigdemontEspecial:Cambios recentesXosé Manuel PiñeiroRicardo PitaLista de xentilicios de concellos galegosCarlos MourizWikipedia:Entradas de Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXIBegoña VillacísAWStatsAltruísmo recíprocoXosé Manuel PereiroPartido GalegoAgora RepúblicasProxyEva Iglesias MiguénsSegunda guerra mundialAbraham CupeiroMarcos PereiroGaliciaPartido Comunista dos Traballadores de EspañaÁreas lingüísticas do galegoAlfonso Daniel Rodríguez CastelaoColocación do pronome átono en galegoCanle (enxeñaría)XHamsterCanle (comunicación)Tonhito de PoiConcepción BurgoAgustín Fernández PazLuísa VillaltaWikipedia:Advertencia xeralCabovila, Calo, TeoWikipedia:AxudaElvira Fernández Balboa