Primeira división española 1930/31


A tempada 1930/31 da Primeira división española foi a terceira edición do torneo. Celebrouse entre o 7 de decembro de 1930 e o 5 de abril de 1931.O Athletic de Bilbao revalidou o título conseguido a tempada anterior e converteuse no primeiro club en encadear dúas ligas consecutivas. Tamén por primeira vez na historia do torneo o título se decidiu por goal average, ao rexistrarse un triplo empate na primeira posición.

Modelo:Competición deportivaPrimeira división española 1930/31
TipoPrimeira División Española Editar o valor em Wikidata
Deportefútbol Editar o valor em Wikidata
OrganizadorReal Federación Española de Fútbol Editar o valor em Wikidata
Liga inferiorSegunda división española 1930/31 Editar o valor em Wikidata
Número de participantes10 Editar o valor em Wikidata
Participantes
Localización  e  Datas
PaísEspaña Editar o valor em Wikidata
Período de tempotempada 1930-1931 Editar o valor em Wikidata
Intervalo de tempo7 de decembro de 1930 – 5 de abril de 1931 Editar o valor em Wikidata
Número de edición3 Editar o valor em Wikidata
Competición
Primeiro postoAthletic Club Editar o valor em Wikidata
Datos estatísticos
Partidos90 Editar o valor em Wikidata
Goles384 Editar o valor em Wikidata

Tomaron parte na competición dez clubs. Por primeira vez desde a súa fundación, a Primeira División española acolleu a un debutante: o CD Alavés, que se converteu no primeiro equipo en lograr ascender á máxima categoría. Ningún equipo galego disputou a categoría.

Clasificación final

editar
PosEquipoXGEPGFGCDGGAPtos
1Athletic Club de Bilbao1811077333402,222
2Real Santander RC1810264937121,322
3Real Sociedad181026423931,022
4FC Barcelona187744043-30,921
5Arenas Club de Getxo188283538-30,918
6Real Madrid187472427-30,818
7Real Unión Club186484145-40,916
8CD Alavés185492539-140,614
9RCD Español1862103245-130,714
10CD Europa1861112338-150,613
Descenso a Segunda División

Ascenso a Primeira División

editar

O Valencia FC ascende a Primeira División tras resultar campión de Segunda División.

Resultados

editar
AreAthBarDAlEspEurRacRMaRSoRIr
Arenas3:25:01:11:01:04:24:11:31:2
Athletic Club5:212:17:15:14:17:12:46:11:2
FC Barcelona2:06:31:16:20:21:13:15:15:3
Alavés3:21:41:14:12:02:52:01:23:1
Español5:00:44:42:04:04:11:11:04:2
Europa1:42:12:21:03:11:20:32:12:1
Racing4:14:10:14:04:02:13:02:54:1
Real Madrid1:20:60:01:02:03:10:02:03:0
Real Sociedad4:11:04:12:22:13:14:72:13:3
Real Unión2:22:31:14:16:14:34:31:12:4

Premios individuais

editar

Máximos goleadores

editar
Bata estableceu a marca de goles marcados por un futbolista nun partido de Primeira División, grazas aos sete tantos que lle fixo ao FC Barcelona.

Con 27 goles -29 segundo algunhas fontes- en 17 partidos, Agustín Sauto, 'Bata' estableceu unha nova marca goleadora na Primeira División, que se mantivo vixente durante unha década. O refacho goleador do dianteiro vasco tivo o seu punto álxido no histórico 12-1 do Athletic Club ao FC Barcelona, partido no que marcou sete goles, unha marca que aínda segue vixente e que só Ladislao Kubala puido igualar anos máis tarde.

Pos.XogadorEquipoGolesPartidos
Agustín Sauto, 'Bata'Athletic Club27[1]17
Guillermo GorostizaAthletic Club17[2]18
Ángel ArochaFC Barcelona1615
Santiago UrtizbereaReal Unión Club15[3]17
Ignacio María Alcorta, 'Cholín'Real Sociedad13[4]17
Luis RegueiroReal Unión Club1118

Porteiro menos goleado

editar

Notas

editar
  1. A LFP e o Diario Marca conceden a Bata 27 goles; outras fontes, como a obra Historia y estadística del fútbol español concédenlle 29 tantos.
  2. A LFP concede a Gorostiza 17 goles; outras fontes, como a obra Historia y estadística del fútbol español concédenlle 15 tantos.
  3. A LFP concede a Urtizberea 15 goles; outras fontes, como a obra Historia y estadística del fútbol español concédenlle 13 tantos.
  4. A LFP concede a Cholín 13 goles; outras fontes, como a obra Historia y estadística del fútbol español concédenlle 11 tantos.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar