Partido Regionalista de Cantabria

(Redirección desde «Partido Regionalista Cántabro»)

O Partido Regionalista de Cantabria (PRC) é un partido político español de carácter rexionalista cántabro cuxo ámbito territorial circunscríbese á comunidade autónoma de Cantabria.

Partido Regionalista de Cantabria
AcrónimoPRC
Tipopartido político español
Ideoloxíarexionalismo, liberalismo social, autonomismo territorial e Liberalismo
Data de fundación1978
Presidente/aMiguel Ángel Revilla (-) Editar o valor em Wikidata
SedeSantander
PaísEspaña
Na rede
http://www.prc.es
BNE: XX98388
editar datos en Wikidata ]
Miguel Ángel Revilla.

Historia e caracterísiticas editar

A orixe do partido áchase na Asociación para la Defensa de los Intereses de Cantabria (ADIC), fundada o 14 de maio de 1976, co obxectivo de impulsar a vocación autonomista cántabra. En 1978, cando se pechaba o mapa das pre-autonomías de España, do que Cantabria quedaba á marxe, no seo da ADIC propúxose a creación dun partido rexionalista e independente, que promovese a autonomía de Cantabria, e concorrese ás eleccións municipais de 1979.

O 10 de novembro de 1978, nacía o Partido Regionalista de Cantabria, fundado por Miguel Ángel Revilla Roiz, Manuel Izquierdo Nozal, José Luis Oria Toribio, Eduardo Obregón Barreda e mais Juan José García González.

Desde 2003 o secretario xeral do PRC, Miguel Angel Revilla, é presidente de Cantabria mercé a formación dunha coalición co PSOE/PSC.

Resultados electorais editar

Eleccións ao Parlamento de Cantabria editar

AnoElecciónsCandidatoVotos% de votosEscanosPosición
1983Eleccións á Asemblea Rexional de Cantabria de 1983Eduardo Obregón Barreda18.8426.79%23
1987Eleccións á Asemblea Rexional de Cantabria de 1987Eduardo Obregón Barreda37.95012,86%53
1991Eleccións á Asemblea Rexional de Cantabria de 1991Miguel Ángel Revilla Roiz19.0646,35%24
1995Eleccións á Asemblea Rexional de Cantabria de 1995Miguel Ángel Revilla Roiz46.52714.55%64
1999Eleccións ao Parlamento de Cantabria de 1999Miguel Ángel Revilla Roiz42.89613.51%63
2003Eleccións ao Parlamento de Cantabria de 2003Miguel Ángel Revilla Roiz67.00319.39%83
2007Eleccións ao Parlamento de Cantabria de 2007Miguel Ángel Revilla Roiz98.65528.87%122