Jacques Anquetil
Jacques Anquetil, nado en Mont-Saint-Aignan (Francia) o 8 de xaneiro de 1934 e finado en Ruán o 18 de novembro de 1987, foi un ciclista francés, o primeiro en acadar a vitoria en cinco ocasións no Tour de Francia.
Traxectoria
editarGañou os Tours de 1957, 1961, 1962, 1963, 1964 e foi segundo en 1959. Venceu en dúas ocasións no Giro de Italia nos anos 1960 e 1964, sendo segundo en 1959 e 1961 e terceiro en 1966 e 1967. Triunfou na Volta a España de 1963, na Volta a Cataluña de 1967, na Volta ao País Vasco de 1969, na Dauphine Libere de 1963 e 1965 e na París-Niza de 1957, 1961, 1963, 1965, 1966. Gañou 16 tiradas no Tour de Francia, 6 tiradas do Giro de Italia e 1 tirada na Volta a España. No Tour de 1963 foi líder dende a primeira etapa ata a derradeira.
Foi o primeiro ciclista en gañar as tres grandes voltas por etapas. Unha das súas marcas históricas son as nove vitorias no Gran Premio das Nacións. En 1956 bateu o récord da hora (46,159 km) que posuía dende había 14 anos Fausto Coppi.
Foi nomeado cabaleiro da Lexión de Honra.
![]() | Este artigo sobre deporte é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |