Dragón vietnamita
O dragón vietnamita (en vietnamita: rồng, 龍) é unha criatura lendaria da mitoloxía de Vietnam. Segundo un antigo mito de creación, o pobo vietnamita descende dun dragón e unha fada.
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/4/47/Dragon_%28Le_dynasty%2C_Vietnam%29.jpg/220px-Dragon_%28Le_dynasty%2C_Vietnam%29.jpg)
Para o pobo vietnamita, o dragón trae a choiva, fundamental para a agricultura. Representa o emperador, a prosperidade e o poder da nación. Como o dragón chinés, o dragón vietnamita é o símbolo do yang, representando o universo, a vida, a existencia e o crecemento.
As referencias que se conservan do dragón vietnamita son raras hoxe, por mor dos cambios que comportaron a sinicización da dinastía Nguyễn.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Dragón vietnamita ![]() |
🔥 Top keywords: