Atrio (arquitectura)
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Atrio.
O atrio constituía na arquitectura romana o espazo central da gran casa romana coñecida como domus, tiña forma cuadrangular e constituía ao primeiro o núcleo central, era o lugar que daba luz á casa por medio dunha abertura no teito denominada compluvium, debaixo estaba o impluvium, unha especie de estanque rectangular deseñado para recoller a auga da chuvia. Posteriormente o atrio acabou por se converter nunha especie de patio interior pasando a ser o espazo central o tablinum. A súa orixe está nas casas etruscas e tras pasar á arquitectura paleocristiá deu orixe ao adro das igrexas cristiás.
Tipos editar
- O atrium etrusco ou atrium tuscanicum constituía o tipo máis sinxelo e o máis antigo, de orixe etrusca carecía de columnas e o tellado descansaba en catro trabes.
- O atrium tetrastylicum tiña catro columnas, cada unha nun recanto do impluvium
- O atrium corinthicum era semellante ao anterior pero máis grande, con máis columnas e a maior distancia do impluvium
- O atrium testudinatum carecía de compluvium, cubríndose todo o cuarto co tellado.
Galería de imaxes editar
- Atrium impluviatum
- Atrium displuviatum
- Atrium tetrastylicum
- Atrium corinthicum
🔥 Top keywords: Crispín d'OlotPortadaMaría JamardoEspecial:ProcurarManuel Otero MartínezCarles PuigdemontEspecial:Cambios recentesXosé Manuel PiñeiroRicardo PitaLista de xentilicios de concellos galegosCarlos MourizWikipedia:Entradas de Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXIBegoña VillacísAWStatsAltruísmo recíprocoXosé Manuel PereiroPartido GalegoAgora RepúblicasProxyEva Iglesias MiguénsSegunda guerra mundialAbraham CupeiroMarcos PereiroGaliciaPartido Comunista dos Traballadores de EspañaÁreas lingüísticas do galegoAlfonso Daniel Rodríguez CastelaoColocación do pronome átono en galegoCanle (enxeñaría)XHamsterCanle (comunicación)Tonhito de PoiConcepción BurgoAgustín Fernández PazLuísa VillaltaWikipedia:Advertencia xeralCabovila, Calo, TeoWikipedia:AxudaElvira Fernández Balboa