Nosopai

pregaria cristiá

O nosopai[1] (tamén coñecido pola súa forma latina paternóster) é a máis coñecida oración do cristianismo. Segundo o Novo Testamento déullela Xesús aos apóstolos despois de que estes lle pedisen que lles aprendese a orar.

O Nosopai, en galego, no patio da Igrexa do Pater Noster en Xerusalén.

A oración atópase no Evanxeo de Mateu (6:9-13), onde aparece como parte do Sermón da Montaña. Unha oración semellante aparece no Evanxeo de Lucas 11:2-4.

Aínda que a oración orixinal era en arameo, o texto máis antigo que se conserva está en grego. No cristianismo occidental rezouse en latín durante moitos séculos.

Versión da Igrexa Católica editar

Notas editar

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para nosopai.
  2. Versión tal como figura no "Santuario Eleona" que se localiza no Monte das Oliveiras de Xerusalén co patrocinio da Xunta de Galicia e das dioceses galegas (1986)
  3. Versión do Oracional litúrxico e devocional para uso privado na diocese de Ourense. Teófilo Edicións. 2021, páx. 51