Gianluigi Buffon

futbolista italiano

Gianluigi "Gigi" Buffon, nado en Carrara (Massa-Carrara) o 28 de xaneiro de 1978, é un futbolista italiano, que xoga de porteiro no Parma.

Gianluigi Buffon
Buffon coa Juventus en 2016
Información persoal
NomeGianluigi Buffon
Nacemento28 de xaneiro de 1978 (46 anos)
Lugar de nacementoCarrara
Altura1.91 m.
PosiciónPorteiro
Información de club
Club actualParma
Número1
Carreira xuvenil
1991–1995Parma
Carreira sénior
AnosEquiposAprs(Gls)
1995–2001Parma168(0)
2001–2018Juventus509(0)
2018–2019Paris Saint-Germain17(0)
2019–2021Juventus17(0)
2021–Parma11(0)
Selección nacional
1993–1994Italia sub-163(0)
1995Italia sub-173(0)
1994–1995Italia sub-183(0)
1995–1997Italia sub-2111(0)
1997Italia sub-234(0)
1997–2018Italia176(0)
Na rede
http://www.gianluigibuffon.it
IMDB: nm2308807 Facebook: GianluigiBuffon Twitter: gianluigibuffon Instagram: gianluigibuffon Youtube: UCjOfAwp8So-nIJ2sugiD-HQ Discogs: 2123525 FIFA: 159304 UEFA: 21307 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 4 de novembro de 2021.
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Comezou a súa carreira deportiva no Parma, no que ingresou aos 13 anos, debutando profesional co primeiro equipo en 1995. Tras permanecer seis tempadas no equipo parmesano, co que gañou unha Copa Italia, unha Supercopa e unha Copa da UEFA, foi traspasado á Juventus de Turín en 2001. Militou durante 17 tempadas consecutivas no club piemontés, gañando dezanove títulos a nivel nacional (nove Series A, unha Serie B, catro Copas Italia e cinco Supercopas de Italia), ademais de disputar tres finais da Liga de Campións.

En 2018 fichou polo Paris Saint-Germain, co que conquistou a liga francesa e a Supercopa de Francia, antes de regresar á Juventus, coa que gañou tres títulos máis (unha liga, unha Copa e unha Supercopa). No 2021, xa con 43 anos de idade, volveu ao seu primeiro club, o Parma, na Serie B.

Foi 176 veces internacional coa selección italiana, coa que participou en catro Eurocopas e en cinco Mundiais. Proclamouse campión na Copa do Mundo de 2006 tras derrotar na quenda de penaltis da final á selección francesa.

En 2004, foi incluído na lista de xogadores FIFA 100 elaborada polo exfutbolista Pelé a petición da FIFA.[1] Foi nomeado mellor porteiro do mundo cinco veces pola Federación Internacional da Historia e Estatística de Fútbol. Así mesmo, obtivo diversos títulos individuais como o Premio Lev Yashin, o Balón de Prata ou o premio ao porteiro do ano na Serie A, entre outros. Foi elixido como "Mellor Porteiro do Mundo do Cuarto de Século" e "Mellor Porteiro do Mundo durante a 1ª década do século XXI" pola IFFHS.[2][3]

Con 657 partidos na Serie A, é o xogador con máis partidos na historia da competición, despois de superar en 2020 os 647 de Paolo Maldini.[4]

Palmarés editar

Club editar

Parma
Juventus

Paris Saint-Germain

Internacional editar

Italia
Italia sub-21

Notas editar

  1. "Pele's list of the greatest" (en inglés). 4 de marzo de 2004. Consultado o 4 de xullo de 2020. 
  2. "Buffon best world keeper of 25 years" (en inglés). Consultado o 4 de xullo de 2020. 
  3. "The World‘s best Goalkeeper of the 21st Century" (en inglés). Archived from the original on 08 de febreiro de 2012. Consultado o 4 de xullo de 2020. 
  4. "Buffon supera a Maldini como jugador con más partidos en Serie A a los 42 años" (en castelán). 4 de xullo de 2020. Consultado o 4 de xullo de 2020. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar


 Este artigo sobre deporte é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.