Arquitectura brutalista

estilo arquitectónico

O brutalismo é un estilo arquitectónico surxido do Movemento Moderno e que tivo o seu auxe entre as décadas de 1950 e 1970. Nun comezo estivo baseado no traballo do arquitecto suízo Le Corbusier e en Eero Saarinen. O nome ten a súa orixe no termo francés béton brut, en galego «formigón cru», termo usado por Le Corbusier para describir a elección dos seus materiais. Máis tarde, na década de 1960, o crítico de arquitectura británico Reyner Banham adaptou o termo e renomeuno coma «brutalismo» (en inglés: brutalism), que identificaba o estilo emerxente.

Western City Gate, en Belgrado, Serbia. Exemplo de arquitectura brutalista.

O estilo volveuse moi popular entre clientes gobernamentais e institucións, con numerosos exemplos en países de fala inglesa (como o Reino Unido, Estados Unidos, Canadá ou Australia), Europa Occidental (Francia, Alemaña ou Italia) e países do antigo Bloque comunista.

Exemplos editar